Morre un motorista que levaba mal posto o casco en Petín

A Garda Civil rectificou unha información inicial na que apuntaba a que non levaba casco.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/12/2023 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Un home de 69 anos morreu este mércores despois de que a motocicleta que conducía saísese da estrada e chocase contra o muro dunha vivenda no municipio ourensán de Petín. O home levaba o casco mal posto.

Segundo informa a Garda Civil, ocorreu pouco antes das 15,00 da tarde na OU-134, na travesía que une A Portela con Portomourisco. No punto quilométrico 3,800 da citada vía, a motocicleta saíu pola marxe esquerda e chocou contra o muro dunha casa. O condutor, único ocupante do vehículo.

Foi un veciño o que se atopou o corpo sen vida deste home de 69 anos, veciño de Portomourisco, tombado á beira da motocicleta. Pouco despois, ás 15,36 horas, o médico desprazado ao momento certificou a súa morte.

Lugar de Portomouriscade, Petín, onde morreu un home de 69 anos ao chocar contra un muro coa súa motocicleta
Lugar de Portomouriscade, Petín, onde morreu un home de 69 anos ao chocar contra un muro coa súa motocicleta | Fonte: GARDA CIVIL

Aínda que nun principio a Garda Civil apuntaba que non levaba casco de protección, posteriormente matizou que si o empregaba, pero que "non o levaba correctamente abrochado". Por iso, no momento do impacto, desprendéuselle da cabeza e golpeouse a cara contra o muro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta