Movistar Plus+ estrea o xoves en Pontevedra o primeiro episodio de 'A guerra do haxix'

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2024 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves, día 11 de xaneiro, a presentación do primeiro episodio do documental 'A guerra do haxix', dirixido polo xornalista Víctor Méndez, creador de Narcogallegos e producida pola empresa audiovisual pontevedresa Imaco.

A concelleira de benestar social do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, recibiu este martes a Víctor Méndez que avanzou algúns detalles desta miniserie de televisión, que Movistar+ estreará o día 16, na que relata a chegada do haxix a toda Europa a través de España "por terra, mar e aire".

Desde dentro da acción e a través dos seus protagonistas, este documental ofrece unha visión exhaustiva dun negocio "dominado polo crime organizado que xera unha espiral de violencia e que move millóns de euros manchados de sangue".

O documental percorre puntos crave neste negocio ilegal como o Campo de Xibraltar, o Delta do Ebro, a Costa do Sol, Marrocos, Portugal e, por suposto, Galicia. O xornalista fala cos máximos responsables policiais, xudiciais e sociais da loita antidroga en España e mesmo cun "destacado integrante do cártel dos Balcáns", considerada a maior organización de tráfico de drogas do mundo.

Interceptan ao norte de Canarias unha embarcación con preto de 15.000 quilos de haxix. AXENCIA TRIBUTARIA
Interceptan ao norte de Canarias unha embarcación con preto de 15.000 quilos de haxix. AXENCIA TRIBUTARIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta