Buscan a unha muller de 54 anos desaparecida no Carballiño

O paraugas que levaba a muller foi achado nunha ponte sobre o río Arenteiro, zona na que este luns se centraron as labores de procura.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/01/2024 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

Un amplo operativo trata de localizar a unha muller de 54 anos desaparecida desde a mañá do domingo no municipio ourensán do Carballiño. Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, foi a familia da muller a que denunciou a desaparición e informou de que a muller, que saíra a dar un paseo, non regresou ao seu domicilio.

O paraugas que levaba a muller foi achado nunha ponte sobre o río Arenteiro, zona na que este luns se centraron as labores de procura. No operativo participan efectivos da Garda Civil, Protección Civil e veciños da localidade. Ademais, prevese que o martes se incorporen os mergulladores da Garda Civil.

Río Arenteiro no Carballiño
Río Arenteiro no Carballiño | Fonte: Wikipedia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta