Sanidade retirará a recomendación de uso da máscara en Galicia cando o indiquen os técnicos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu este luns en que a administración galega retirará a recomendación de uso xeral da máscara en centros sanitarios cando o indiquen os parámetros que manexan os técnicos. En declaracións aos medios, o titular de Sanidade lembrou que a Xunta tomou a decisión de facer un uso xeneralizado de máscara o 28 de decembro "atendendo á situación epidemiolóxica" que había nese momento, tendo en conta "casos positivos, a positividade e os pacientes ingresados".

Nesta liña, lamentou que o Ministerio de Sanidade tomase esa decisión posteriormente "sen base técnica" e, "probablemente, por cuestións políticas". Neste contexto, reiterou que a Xunta cambiará o uso xeneralizado "de novo escoitando aos técnicos", cando os parámetros que manexan "suxiran que é momento de baixar esa recomendación" que, insistiu, "foi a que se adoptou en Galicia antes de que o Ministerio fixese ese xogo político".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta