Dúas persoas precisaron asistencia sanitaria en Ferrol por queimaduras derivadas dun incendio iniciado nunha tixola

As persoas foron atendidas no mesmo lugar dos feitos polo persoal sanitario do 061.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 23/01/2024 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Dúas persoas tiveron que recibir asistencia sanitaria en Ferrol debido a un incendio producido por unha tixola na súa vivenda. As persoas foron atendidas no mesmo lugar dos feitos polo persoal sanitario do 061. Segundo informa o 112, os Bombeiros de Ferrol, que acudiron á vivenda nada máis ser avisados, indicaron que o lume se iniciou nunha tixola que estaba ao lume e que prendera na campá extractora.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

De feito, segundo o seu relato, ardeu a tixola e a campá extractora unicamente, iso si; mentres que o resto da vivenda tamén quedou afectada polo fume, que mesmo chegou a afectar á vivenda do cuarto piso, posto que unha xanela estaba aberta. O incendio ocorreu sobre as 14.00 horas, cando varios particulares contactaron co 112 Galicia para pedir axuda. Un deles relataba aos xestores de emerxencias de ver saír fume da caixa dunha persiana, sen asegurar o que ardía, nunha vivenda dun edificio de seis plantas, situado na Avenida de Esteiro.

Por outra banda, outro dos alertadores pedía á 112 asistencia sanitaria para a súa veciña que resultara ferida con queimaduras nunha man tras explotarlle unha tixola e que finalizou prendendo lume na campá extractora. Ademais de pasar aviso aos Bombeiros de Ferrol, os xestores do 112 Galicia informaron de inmediato o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Así mesmo, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Nacional, Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta