Os técnicos do plan anticontaminación reúnense para avaliar a situación e próximos pasos

O dispositivo da Xunta recolleu o martes algo máis de 16 quilos de pélets e 593 quilos doutros plásticos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2024 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

Os técnicos do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) reuniranse esta tarde para analizar o traballo realizado ata o momento, avaliar a situación actual e determinar os seguintes pasos na xestión da vertedura de pélets.

O martes, o dispositivo despregado pola Xunta nas praias e no mar para recoller os pélets perdidos polo mercante 'Toconao' en augas portuguesas permitiu recoller algo máis de 16 quilos deste material, o equivalente a algo máis de medio saco, así como 593 quilos doutro lixo que pode depositarse no colector amarelo.

En total, ata o momento, o operativo da administración autonómica recolleu 3.560 quilos deste material, o equivalente a algo máis de 142 sacos. Ademais, desde o 10 de xaneiro tamén retiraron dos areais preto de 11.800 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos.

Segundo informou o Executivo galego, desde o inicio do operativo os efectivos da Xunta contabilizaron a recollida doutros 1.272 quilos de pélets, o equivalente a case 51 sacos, froito do traballo de voluntarios, ou dos sacos recuperados enteiros ou case cheos polos concellos e que foron retirados nos últimos días para trasladalos a un punto de almacenamento. Este mércores o operativo de vixilancia, detección e limpeza nos areais traballa en 38 praias pertencentes a 21 concellos.

Dous homes cargan un cubo cheo de pellets, en Queiruga / Elena Fernández - Arquivo / Europa Press
Dous homes cargan un cubo cheo de pellets, en Queiruga / Elena Fernández - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta