Un ladrón deixa ferida a unha muller despois de roubala en Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2024 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo o mércores pola mañá en Santiago a un home en relación cun roubo con violencia a unha muller, que necesitou asistencia sanitaria por parte do 061. Fontes da Comisaría consultadas por Europa Press ratifican que este suceso se produciu no número 4 da rúa Trindade, no centro histórico da cidade. O detido pasou a disposición xudicial na mañá deste xoves.

Axentes da Policía Nacional e da Local acudiron ao lugar tras recibir unha chamada sobre as 10.30 horas da mañá, en relación a unha persoa que se atopaba ferida na vía pública. Unha vez alí, os actuantes comprobaron que se trataba dun roubo con violencia e intimidación e a vítima puxo unha denuncia. Posteriormente, localizaron e detiveron ao presunto responsable. A muller agredida recibiu asistencia por parte de profesionais médicos do 061-Urxencias Sanitarias que se desprazaron ao lugar en ambulancia.

Policía Nacional
Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta