Consellos útiles para ter a nacionalidade española

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 31/01/2024 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Se eres unha persoa estranxeira con residencia en España e queres solicitar a nacionalidade, debes saber que o trámite para obter a nacionalidade española pode resultar complexo, longo e tedioso, polo que é importante comezar os trámites canto antes, para evitar que o expediente de nacionalidade se dilate de maneira excesiva no tempo e poida chegar a converterse nun verdadeiro pesadelo.

Bandeira de España
Bandeira de España | Fonte: Commons

Conscientes de que a obtención da nacionalidade española é un obxectivo para miles de estranxeiros residentes no noso país, neste 'post' vámosche dar unha serie de consellos útiles para acelerar o trámite de concesión da nacionalidade española por residencia, cos que poderás conseguir a nacionalidade de forma máis rápida e sinxela.

QUEN PODE SOLICITAR A NACIONALIDADE ESPAÑOLA POR RESIDENCIA?

Para poder comezar o trámite da nacionalidade por residencia é requisito fundamental residir en España durante dez anos de forma legal, continuada e inmediatamente anterior á petición, tal e como indica o artigo 22 do Código Civil español. Pero existen varios casos nos que o período de residencia mínimo esixido se reduce a:

- 5 anos: para persoas que obtivesen a condición de refuxiado.

- 2 anos: para os nacionais de países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial, Portugal ou as persoas de orixe sefardí.

- 1 ano: para as persoas que nacesen en territorio español; persoas que non exerceron debidamente o seu dereito a adquirir a nacionalidade española por opción; as persoas que estivesen suxeitas legalmente á tutela dun cidadán ou institución española durante dous anos consecutivos, inclusive se continúan nesta situación no momento da solicitude; as persoas que no momento de realizar a solicitude levasen un ano casadas cun español ou española e non estean separadas legalmente ou de feito; as persoas viúvas de españois ou españolas, se no momento da morte do cónxuxe non estaban separados legalmente ou de feito; as persoas nadas fóra de España de pai ou mai, avó ou avoa, que orixinalmente tivesen sido españois.

Ademais de cumprir con todos estes requisitos, para o trámite de nacionalidade o interesado deberá acreditar unha boa conduta cívica, e un grao de integración suficiente na sociedade española.

COMO ACELERAR O TRÁMITE DE NACIONALIDADE?

- Acode a unha notaría: Dada a complexidade deste trámite, tratar de obter a nacionalidade española por conta propia é un proceso realmente complicado, posto que son moitos os documentos a aportar. Neste senso, notarías como Juras de Nacionalidad ofertan asesoramento personalizado para a adquisición da nacionalidade española por residencia e opción, o que resulta imprescindible para resolver posibles dúbidas e, sobre todo, evitar defectos formais e omisións no expediente, o que podería provocar importantes retrasos e, no peor dos casos, a denegación da nacionalidade de maneira definitiva. En Juras de Nacionalidad asesoraranche en todo o trámite de nacionalidade española en función do teu caso, verificando que cumpres con todos os requisitos legais para obter a nacionalidade e informándoche de todos os documentos que deberás recabar no teu país de orixe, ademais dos requisitos formais a cumprir. Unha vez obtida toda a documentación, encargaranse de presentar a solicitude de obtención de nacionalidade no Ministerio de Xustiza español, levando un exhaustivo seguemento do expediente ata a súa conclusión. Ademais, ofrecen citas rápidas que che permitirán comezar os trámites canto antes e contan con precios limitados, ofrecendo facilidades de pago en dous prazos.

- Prepara os exames: Ademais, para acelerar o trámite de nacionalidade, é importante que prepares adecuadamente os examens DELE e CCSE, os cales deberás superar como proba de que tes o suficiente grao de integración na sociedade española, sendo requisito indispensable para obter a nacionalidade. Aínda que, a Lei de Nacionalidade española contempla unha serie de casos nos que se exime de ter que realizar estas probas do Instituto Cervantes, sendo obrigatorio neses casos solicitar unha dispensa ao Ministerio de Xustiza.

CANTO SE TARDA EN OBTER A NACIONALIDADE DENDE A SOLICITUDE?

Tal e como establece a normativa sobre a tramitación da nacionalidade española, o Ministerio de Xustiza conta co prazo máximo dun ano para resolver o expediente de nacionalidade, aínda que hai que dicir que na maioría dos casos, este prazo non se está cumprindo. Por tanto, non se pode falar dun prazo exacto, posto que pode variar significativamente segundo o caso.

Dados os retrasos habituais, contar co asesoramento de expertos na materia que che proporcionen información veraz e de calidade é fundamental, para así asegurarte de cumplir con todos os requisitos indispensables, cumprir os prazos e non cometer erros á hora de encher a solicitude, especialmente no relativo a datos persoais, o que podería provocar retrasos innecesarios que che impedisen acceder á nacionalidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta