O rexedor de Ferrol pídelle ao BNG que reconduza as posicións soberanistas

"Ese debate soberanista está agora superado polo momento histórico que vivimos e hai que priorizar os dereitos sociais", apunta Jorge Suárez para que animar aos nacionalistas a integrarse nunha gran lista popular.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 16/08/2015 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, é outra das voces institucionais que se suma a unha gran lista popular para as xerais do outono. E, de freito, cre que hai que aprender da experiencia de AGE, "un acordo de último minuto que foi exitoso electoralmente pero ao que lle faltou estabilidade e continuidade", dixo.

Jorge Súarez Fernández
Jorge Súarez Fernández | Fonte: Ferrol en Común

Por iso, e para evitar que se volvan repetir fracasos electoriais, pídelle ao resto de formacións, especialmente a BNG e Podemos, altura de miras para formar parte desa gran candidatura que poida ser o xerme dunha Marea galega.

Para iso considera de vital importancia chegar a acordos desde a base tal e como quedou establecido na xuntanza que o pasado xoves mantiveron representantes de ata 40 listas populares que se presentaron as pasadas eleccións locais.

Neste sentido, confía en que os nacionalistas se apunten ao proxecto aínda que recoñece que é máis complexo porque seguen pedindo "que rompan os lazos coas organizacións estatais".

Por iso, pediulle aos nacionalistas que reconduzan as súas posicións soberanistas. "Ese debate soberanista está agora superado polo momento histórico que vivimos e ai que priorizar os dereitos sociais", dixo. "Confío en que o BNG reconduza os seus posicionamentos sobre todo de cara ás eleccións autonómicas nas que o acordo vai ser fundamental", engadiu.

Jorge Súarez Fernández
Jorge Súarez Fernández | Fonte: Ferrol en Común

Nunha entrevista na Cadena Ser, Súarez dixo que para a consolidación desa gran marea vai ser moi importante o balance de xestión que presenten alcaldes como el ou os da Coruña e Santiago. "vai ser esencial para que se vexa que hai un proxecto de futuro", dixo.

Tamén se referiu ás subvencións para a organización da Semana Santa de Ferrol e dixo que aínda non hai nada decidido e que o que se pretende é revisar ese modelo de axudas para facelo "máis transparente e abrilo a toda a sociedade". "Para que non só a igrexa, que ten potencial económico suficiente, se beneficie destas axudas senón tamén outros sectores como a hostalaría e o comercio", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

27 Xanti

Ata Podemos di que recoñece o dereito de autodeterminación. Así que, inda que penso que iste non é o momento porque a maioría da poboación agora mesmo non o quere, XAMAIS, un partido nacionalista vai renunciar a el. XAMAIS. Asi que deixa de dicir parvadas.

26 Pena de Panorama

Este alcalde, recén chegado, ten que pedir consello á UPG de Pontevedra. A concelleira de festas do BNG nesa cidade é toda unha programadora radical. Nas festas da Peregrina contratou nada máis e nada menos que un concerto do supercantante gaditano de 16 anos Abraham Mateo. Encantados que estarían os cachorros/as de Galiza Nova. Non como o caso coruñés de Ana Belén e Víctor Manuel que tanto criticaron. É que os do partido-guía cando organizan festas, ben que saben...

25 Pelouro Forever

Como pode ser Alcalde de Ferrol unha persoa que leva menos de 4 anos vivindo na cidade?

24 tologe

Outro cipaio máis. Colonizado. Escoura peor que moitos votantes do PP bastante máis apegados ao país.

1 Apegados

Si, os do Bloke de dereitas preferides o PPSOE. Mesmo vos pasades do Bloke ao PP sen escrúpulos: Portomarín, A Cañiza..., o asunto é o apego (e non ao país, precisamente)

2 Alarico

Nom entender que nom pode existir emancipaçom económico-social (classe) sem emancipaçom político-cultural (naçom) é nom compreender nada do acontecido em Vietnam, em Cuba, etc... Em fim, se estes novos dirigentes políticos som tam analfabetos, mal andamos.

3 o boi torturado

Se o futuro prometido é Vietnan ou Cuba, mellor para o carro (salvo para os membros do Partido). Por certo, se chegaran a tan bó porto, por que están recuando? Cansaron de estar emancipados? Preferen o dolar americano às proclamas do Grama e aos longos discursos do Fidel? Hai moito de inconsistente na nova política, pura trola e teatro, pero xa estamos fartos da falsidade dos vellos raposos (PcE e UPG, e marcas brancas como IU e BNG).

4 Alarico

Boi: Se o teu modelo é o estado policial dos USA, o país de maior taxa de presos no mundo por habitante; que casualmente som na sua maioria os trabalhadores sem trabalho -negros, chicanos, hispanos,... E já nom digamos o estado espanhol que tem a metade da gente nova condenada a miséria e fame, chamam-lhe desemprego. Apanhados imos!

5 Narnia

O país con maior taxa de presos por habitante é Corea do Norte. Toda a poboación menos a nomenklatura comunista vive nun inmenso cárcere onde os poden asasinar por calquera motivo. O segundo é a república bananeira e comunista de Cuba

6 Alarico

Narnia: Observo que és umha boa leitora do País e da Coz de Galicia, como assim mesmo deves ser umha fidel -o palavra perversa!- dos canais televisivos. O teu escrito nom deixa de ser umha ladainha mais dos amos.

7 Impais

A dualidade do ben e do mal, branco ou preto, conmigo ou na contra... Unha simpleza estimado Alarico. Criticar a falsidade de Cuba non quere dicer que apoies a USA, nin moito menos! Amosa que es de piñon fixo, incapaz de recoñecer erros dos propios. Non votei polo Jorge, custariame facelo, fede a IU e CC OO, pero os que aqui tanto se alporizan lembrolles que dos candidatos de Ferrol era o menos malo (pois os do Bloque Reganoxo ou a Bea Sestayo tiran para o monte). En fin, amosades que pensades como castelans mesetarios: ou branco ou preto, e punto. Pois non, os galegos recoñecemos multitude de grises, estadios intermedios non tan puros pero mais PLURAIS. O que non o comprenda fracasara na politica do noso tempo.

8 Canceleiros

REcoñecerás ti os grises, se queres pero, por favor, aforra esa fedorenta atribución psicolóxica aos galegos. O modelo de Cuba é malo? Crepo que nunca pretendeu ser perfeto pero tivo moitos acertos que só os profundamente alleados non queren ver. Non, non hai lugar para esa pluralidade, non hai 99% posíbel: hai intereses galegos que, máis cedo que tarde, chocarán contra os dalgunha rexión española e eu vou farto de ceder porque a base de ceder temos Ferrol, temos un deserto interior, temos emigración coma en 1800...Non, o gris para o ceo, aquí na terra vai sendo hora de escoller, branco ou preto, pilula azul ou vermella. E as divagacións, para os posmodernos ancorados nos anos noventa.

23 iu a macheirista

CONCElleiros e dirixentes agista matan mulleres queimandoas vivas en sus propias casas, reconduzcan esas posición machistas sobre todo tamen polo xefe da trupe o -vieiras e os seus discursos do xurasico falando de gobernó grego... o mesmo gobernó de chiripas de opresión de terrorismo contra o pobo e contra os traballadores AQUIE ESTA A AUTENTICA FACIANA DE IZQUIERDA LA UNITARIA -chamada tamen age... non van sacar ningún voto e deben 31 millons de euros a banca sefardita...