A Xunta anuncia a 15 días das eleccións o pago dos 218 euros das pensións non contributivas

O pasado ano, Rueda anunciouno en marzo e o pago foi en abril. En 2022, estas pensións cobraronse en novembro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/02/2024 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A Xunta adiantou en máis dun mes o anuncio do pago das pensións non contributivas. Un anuncio que chega a 15 días das eleccións do 18 de febreiro e que o presidente galego xustificou asegurando que tamén en 2023 xa o fixera a comezos de ano. O que non dixo Alfonso Rueda foi cando se fará efectivo o pago desta pensión que non se incrementa con respecto ao pasado ano.

Evolución do gasto en pensións contributivas en España ata febreiro de 2020 (Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións). EPDATA
Evolución do gasto en pensións contributivas en España ata febreiro de 2020 (Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións). EPDATA

Foi o 8 de marzo do ano pasado cando o presidente galego anunciou que nas primeiras semanas de abril dese ano a Xunta pagaría o complemento autonómico das pensións non contributivas, 218 euros. Un complemento que a Xunta incrementou nun 6% con respecto ao 2022.

En Galicia son uns 37.200 galegos que perciben unha pensión non contributiva. O complemento está dirixido aos pensionistas de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, persoas anciás ou enfermas con incapacidade recoñecida para o traballo beneficiarias de axudas periódicas, e tamén persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.

Rueda xustificou este anuncio asegurando que xa se comprometera, cando aprobou os orzamentos, en non paralizar ningún pago, "independentemente das datas electorais". "E xa o ano pasado tamén o anunciamos a principios de ano", suliñou. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta