Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 03/02/2024 | Actualizada ás 10:30
Hai un recuncho no concello de Ames que non podes perderte se queres pasar unha tarde entretida en familia e se buscas plans para facer con nenos. Chámase oficialmente carballeira de Paramuíño, e atópase ao lado do CEIP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído, pero xa ninguén lle chama así. Dende fai uns anos recibe o nome de Carballeira dos Trasgos, e é que se atopa habitada por seres das lendas e contos galegos. Un fermoso trasgo subido a unha árbore dá a benvida aos visitantes, que poden coñecer, ao mesmo tempo que se deleitan coa ducia de figuras de animaliños, os seus nomes en galego. Nomes tan fermosos como píntega, vacaloura, xoaniña, donicela, xeneta, bubela, bolboreta ou curuxa. Anímaste a buscalos todos?
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Grave accidente dun parapentista en Porto do Son
- Ferido tras chocar contra un tanatorio en Carballo
- Localizan o corpo sen vida dun home nunha poza en Vilardevós
- O perigo do 'stealthing', cando non utilizar un condón pode ser delito
- Entidades sociais contra a tributación do SMI: "Producirase un efecto de desigualdade no sistema fiscal español"
- Detidas 20 persoas na Coruña, Málaga e Córdoba por roubos con forza, violencia e intimidación