Por Europa Press / Redacción | FERROL | 12/02/2024 | Actualizada ás 16:58
O sindicato CIG asegurou este luns, nun comunicado, que as instalacións da lonxa de Cariño "están a sufrir unha alarmante deterioración xeral" e que nelas non se cumpre a normativa de prevención de riscos e saúde laboral para os traballadores. Así, aseguran que o persoal "carece de calquera tipo de aseo sanitario nas súas instalacións de traballo" e que o edifico ten "pingueiras e fallos estruturais", algo que motivou que "a entidade Portos de Galicia pechase as súas instalacións e trasladase ao seu persoal, deixando ao persoal da Xunta sen aseo e nunhas condicións sanitarias inadecuadas, inseguras e que incumpren a normativa básica". O sindicato denunciou esta situación ante a Inspección de Traballo que, afirman, "constatou a falta de calquera tipo de aseos" e "levará a cabo as actuacións pertinentes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.