18F.- Xornada de reflexión: Pontón pide aos galegos que voten "pensando no mellor para este país"

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, aproveitou a xornada de reflexión para tomar un vermú nun establecemento da zona vella de Santiago de Compostela con familiares e amigos, entre os que se atopaba a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2024 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, aproveitou a xornada de reflexión para tomar un vermú nun establecemento da zona vella de Santiago de Compostela con familiares e amigos, entre os que se atopaba a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín.

Alí, asegurou que este sábado é un día para "parar un pouco" despois dunha campaña "intensa" e "emocionante". "Estou moi agradecida do traballo da militancia, os simpatizantes, todos os que viñeron aos nosos actos e que impulsaron esta campaña con tanta ilusión e entusiasmo", reivindicou.

Ademais, Pontón afirmou que hoxe é un día para que "as persoas que non teñen claro o seu voto, pensen e reflexionen". A continuación, fixo un chamamento a ter "unha xornada histórica" con "a maior participación e implicación da cidadanía". "Que voten pensando no mellor para este país e que sexa un gran día para o futuro de Galicia", sinalou.

Con anterioridade, Pontón acudiu ao acto en Marín en recordo das vítimas da 'Villa de Pitanxo', naufragado hai dous anos en augas de Terranova, en Canadá. Pola tarde, a líder do Bloque acudirá ao estadio de Balaídos para ver o partido que enfronta ao RC Celta e ao FC Barcelona.

A líder do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, toma un vermú na xornada de reflexión acompañada da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín
A líder do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, toma un vermú na xornada de reflexión acompañada da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta