O acordeonista vasco Kepa Junkera, primeiro músico do mundo cun galiñeiro na súa honra, o do Festival de Cans
O acordeonista vasco Kepa Junkera será homenaxeado na XXI edición do Festival de Cans. O motivo da homenaxe, que terá lugar o 22 de maio, é o recoñecemento do impacto e a dimensión dun "músico extraordinario", encargado de darlle á música tradicional unha proxección universal, ao que un ictus sufrido en 2018 obrigou a abandonar os escenarios.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 21/02/2024 | Actualizada ás 13:05