A Festa da Uña de San Lázaro achega o tradicional plato compostelán á veciños e visitantes do 15 ao 18 de marzo

Entre as novidades desta edición destaca a do venres 15 xa que haberá unha degustación de Uñas no Centro Comercial As Cancelas, a segunda será que a SD Compostela dará como regalo unha entrada para o partido contra o Langreo do domingo 17 a todos os que consuman uñas nos locais apuntados no programa durante a fin de semana do 15 ao 17 de marzo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2024 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

A nova edición da Festa da Uña do barrio compostelán de San Lázaro celebrarase entre o 15 e 18 de marzo, uns días antes do comezo da Semana Santa. A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, presentou este mércores a celebración que este ano suma "importantes novidades" ao programa que, incidiu, demostran "a vitalidade" da festa.

"É parte da nosa historia e da nosa esencia e permite reivindicar o orgullo de ser composteláns e tamén abre novas oportunidades ao conxunto do sector turístico da cidade", enxalzou. Entre as novidades destaca a do venres 15 xa que haberá unha degustación de Uñas no Centro Comercial As Cancelas, a segunda será que a SD Compostela dará como regalo unha entrada para o partido contra o Langreo do domingo 17 a todos os que consuman uñas nos locais apuntados no programa durante a fin de semana do 15 ao 17 de marzo.

Tamén, o domingo 17, ás 10.00 horas, terá lugar a ruta guiada, 'O Berce do Sar: percorrendo o barrio de San Lázaro pola beira do río Sar', que percorrerá 4,2 quilómetros a senda fluvial que atravesa parte do barrio, continuando o río Sar augas arriba ata o seu nacemento. Ademais, 25 restaurantes, do barrio de San Lázaro pero tamén doutros, ofrecerán durante estes días as súas versións deste prato tradicional. Os locais que as ofertarán, así como o programa completo da festa, pode consultarse na páxina web de Turismo de Santiago.

Festa da Uña de San Lázaro
Festa da Uña de San Lázaro | Fonte: Deputación - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta