A obra na que morreu un operario en Carballo non tiña licenza municipal

Por E.P. | A CORUÑA | 29/02/2024 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A obra na que morreu un operario en Carballo na tarde do luns tras unha caída non tiña licenza municipal, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press que precisaron que nestes casos é a promotora da obra quen debe solicitala.

Desde o concello non quixeron, pola súa banda, pronunciarse sobre o sucedido ao ser un caso que está xudicializado tras a morte do home cando traballaba nunha empresa situada en cálea Titanio, no polígono de Bértoa.

Segundo informou o 112, os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia avisaron do suceso sobre as 18,15 horas. Nesta comunicación indicaban que un traballador caera dunha certa altura neste punto e que se mobilizou a aeronave medicalizada con base en Santiago de Compostela ata o lugar.

Obra de construción dunha vivenda
Obra de construción dunha vivenda | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta