Temas: BNG PPDEG VOTO RUEDA PP

Rueda ironiza sobre os votos do BNG: "Poñerse a ver de onde veñen, non ten sentido, pero se así son felices"

Destaca que o PP sacou 80.0000 votos máis que hai catro anos. "Será de xente que confiaba en nós para seguir gobernando", asegura..

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/02/2024 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

"Eu estou encantado con que todos estean contentos --Bloque e PSdeG-- cos apoios recibidos". Rueda deu así por finiquitado o debate aberto polo BNG sobre de onde son os votos que recibiu o pasado 18 de febreiro. Os nacionalistas insistiron nos últimos días en que parte das máis de 150.000 papeletas que recibiron eran de votantes do PP e non un "voto prestado" do PSOE, como suxeriu a ministra de Hacienda e número dous do goberno de Pedro Sánchez, María Jesús Montero, un día despois dos comicios

O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alfonso Rueda
O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alfonso Rueda | Fonte: Gabriel Luengas - Arquivo

"Eu estou agradecido por esa suba de 80.000 votos e se os que están na oposición están contentos tamén polos que recibiron pois, eu, encantado", dixo. Con todo ironizou coas declaracións feitas por dirixentes do BNG que insisten en que o Bloque tamén pescou votos do PPdeG. "Eu non sei como saben eles iso, pero se están felices, pois nós encantados", chanceou.

Así, insistiu en que o seu partido obtivo unha contundente maioría absoluta, con 40 deputados, e case o 48% da porcentaxe de votos. "O que teño claro é que os nosos votos é de xente que confíaba en nós para seguir gobernando", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.  "Eu estou contento cos resultados, viñeran de onde viñeran, pero poñerse a ver de onde veñen, non ten sentido porque o voto é segredo", concluíu.

Temas: BNG PPDEG VOTO RUEDA PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Moine

Umha pergunta: Que tenhem nos seus miolos os galeg@s para lhe entregar o voto a este renegado do País?

3 fer

o pp baixou dous e o bng subiu 6, que siga pensando que todo vai ben e o que nos convén os que queremos cambio, por certo este será o bono desprezo que lle faltaba por dar.

2 Ljh1999

Notades o tufillo a desprezo, ironía burda e, case case, envexa? Xa poderá ser o mellor presidente, porque como persoa deixa moito que desexar.

1 José

Rueda, un tipo que hereda unha maquinaria electoral arraigada no caciquismo clientelar, ese caciquismo que sabe apañar os votos de quen máis afastado se sente dos centros de decisión. Un tipo que non quixo dar a cara nos debates, porque encomendado a ese sistema estaba máis seguro. Ese home, ven agora dando licións. Hai que ter valor. E o que veremos nos próximos catro anos.