Unha pedra de 14 toneladas aparece preto das obras do polígono eólico Acibal: "Destruíu xestas de 4 metros coma se fosen pallas"

A pedra de granito de grandes dimensións tiña "buracos preparados para inserir dinamita". Os veciños sinalan que son iguais aos que Norvento (concesionaria do parque) realizou para "dinamitar o Coto do Mouro", no Monte Acibal.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/02/2024 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

Veciños da zona do Monte Acibal, que comprende varios municipios (Barro, Campo Lameiro e Moraña), acharon unha pedra de grandes dimensións, segundo os seus cálculos dunhas 14 toneladas, a uns 200 metros monte abaixo das obras do polígono eólico Acibal, cuxa execución foi suspendida preventivamente en outubro de 2023.

Segundo indicou o colectivo Amil sen Eólicos e Colectivo do Vento, o achado foi comunicado na tarde do mércores ao Seprona, segundo indicaron os veciños, servizo de protección á natureza ao que se informou da existencia de pedra de granito de grandes dimensións, "con buracos preparados para inserir dinamita". Sobre iso, sinalan que son iguais aos que Norvento (concesionaria do parque) realizou para "dinamitar o Coto do Mouro", no Monte Acibal.

As persoas que recollen a denuncia explican que a pedra, cun peso estimado de 14 toneladas, segundo as súas estimacións, "rodou descontroladamente monte abaixo ata chegar aos 215 metros do límite das obras", xusto debaixo da explosión que voou polo aire o Coto do Mouro, segundo sinalan.

É máis, engaden que se pode "apreciar" o camiño percorrido pola pedra, que destruíu xestas de ata catro metros de alto "coma se fosen palla". A pedra, din, atravesou ata dous camiños de monte, "supostamente durante a dinamitación coto, da que non houbo preaviso aos veciños", que avisan das "catastróficas consecuencias de que se atopase (alguén) pola zona o día das voaduras". Así mesmo, advirten do perigo para a integridade dos petróglifos, polo que denuncian "o extraordinario perigo ao que se sometne ás presonas e ao patrimonio histórico".

Veciños da contorna do Monte Acibal achan unha pedra dunhas 14 toneladas preto das obras dun eólico
Veciños da contorna do Monte Acibal achan unha pedra dunhas 14 toneladas preto das obras dun eólico | Fonte: VECIÑOS DA ZONA DO MONTE ACIBAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta