A RAG o Día da Poesía para o 19 de marzo cun diálogo xeracional sobre a obra de Celso Emilio

O encontro, de entrada libre, terá lugar a partir das 19,00 horas na Fundación Luís Seoane, explica a institución académica sobre esta actividade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2024 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) celebrará o vindeiro martes, día 19, o Día da Poesía cun diálogo xeracional coa tradición e a memoria da poesía civil a través da obra de Celso Emilio Ferreiro.

Dez poetas de distintas idades escollerán versos do autor de 'Longa noite de pedra' para conversar con eles desde a creación propia, precisa.

O encontro, de entrada libre, terá lugar a partir das 19,00 horas na Fundación Luís Seoane, explica a institución académica sobre esta actividade.

Anxo Angueira, Rosalía Fernández Rial, Ana Romaní, Oriana Méndez, Chus Pato, Ismael Ramos, Alfonso Pexegueiro, Rafa Vilar e Marilar Aleixandre son os autores e autoras que participarán no mesmo.

Os documentos inéditos do arquivo inclúen cartas de Celso Emilio Ferreiro. COLEXIO DE PROCURADORES DE VIGO
Os documentos inéditos do arquivo inclúen cartas de Celso Emilio Ferreiro. COLEXIO DE PROCURADORES DE VIGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta