O Sergas identifica puntos negros arquitectónicos e xeográficos de suicidio para crear barreiras de acceso

A finalidade da reunión é trasladar ás administracións a información coa que articular medidas preventivas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2024 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O Sergas organizou a 6ª reunión do Consello Interdepartamental para a prevención de condutas suicida na que se procedeu á identificación de puntos negros arquitectónicos e xeográficos --lugar que rexistra máis dun suicidio nun ano--, para así crear barreiras de acceso a estes.

Este Consello xorde, tal como indica a Xunta nun comunicado, da necesidade de dar "resposta multisectorial e integral" ao suicido. Deste xeito, a reunión, presidida polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, acordou crear unha comisión conxunta co Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), forzas de orde pública e outros organismos.

A finalidade da comisión sería a de trasladar ás administracións a información coa que articular medidas preventivas, dado que son a Policía Nacional e a Garda Civil, coordinados polo Imelga, quen facilitan estes datos ao Consello. Doutra banda, o departamento sanitario galego trasladou que está a traballar nunha continuación do Plan de Saúde Mental 2020-2024.

Así, o Executivo acordou unha actualización do Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infantil e xuvenil. Co plan actual está a desenvolverse o programa YAM, Youth Aware of Mental Health, que significa Mocidade Consciente da Saúde Mental e que se dirixe á mocidade de entre 13 e 17 anos para que aprendan e debatan sobre saúde mental.

Arquivo - 6ª Reunión Do Consello Interdepartamental Para A Prevención E Atención Das Condutas Suicidas, Presidida Polo Director Xeral De Asistencia Sanitaria Do Sergas, Jorge Aboal Viñas.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Arquivo - 6ª Reunión Do Consello Interdepartamental Para A Prevención E Atención Das Condutas Suicidas, Presidida Polo Director Xeral De Asistencia Sanitaria Do Sergas, Jorge Aboal Viñas.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta