Galicia ten case 190 quilómetros de estradas do Estado con risco elevado de accidente

Así se desprende dun informe do Real Automóvil Club de Cataluña (RACC)

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/03/2024 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A Comunidade galega conta cun total de 189 quilómetros en tramos de estradas do Estado --un 9% do total-- con risco elevado ou moi elevado de accidente, tal e como se desprende da 20 edición do Mapa de Risco do RACC.

Este documento alerta de que en España os tramos de vías estatais con risco elevado de accidente grave ou mortal aumentaron "por primeira vez en seis anos".

No conxunto de Estado, o informe identifica os tramos de vía interurbana con maior risco en función da cantidade de vehículos que circulan por elas, e analizou 1.395 tramos que suman 25.101 quilómetros.

Para realizalo analizáronse 2.987 accidentes con vítimas mortais ou feridos graves entre 2020 e 2022, e o 7,8% dos quilómetros "presentan un risco elevado ou moi elevado", medio punto porcentual máis que no anterior informe.

Pola súa banda, os quilómetros con risco moi baixo aumentaron ata representar o 49,5% do total, mentres que os de risco moderado creceron ata o 9,6% e os de risco baixo, reducíronse ata o 33,1%.

Por comunidades autónomas, Cataluña é a que ten unha maior proporción de quilómetros con risco elevado ou moi elevado, cun 11%, mentres que Madrid é a única sen ningún tramo nestas categorías.

As estradas con máis quilómetros cun risco elevado ou moi elevado son a N-630 --tamén coñecida como Ruta da Prata--, a N-120 entre Logroño (La Rioja) e Vigo.

DATOS POR PROVINCIAS

Ademais, por provincias ata 19 provincias rexistran unha proporción de tramos da RCE que discorren polo seu territorio con risco elevado ou moi elevado, por encima da media do conxunto de España, que é do 7,8%.

Esta clasificación provincial, Ourense sitúase como a quinta comunidade da lista, cun 15% de tramos da RCE con "risco elevado ou moi elevado", por encima da media española, do 8%.

Entre o dez tamos con maior risco da rede de estradas do Estado sitúase o cruzamento da N-640 coa N-634 (Ribadeo), na provincia de Lugo.

Varios coches circulan por estradas nevadas, a 17 de xaneiro de 2023, en Pedrafita do Cebreiro, Lugo, Galicia (España). A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou a alerta laranxa por acumulacione. Carlos Castro - Europa Press
Varios coches circulan por estradas nevadas, a 17 de xaneiro de 2023, en Pedrafita do Cebreiro, Lugo, Galicia (España). A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activou a alerta laranxa por acumulacione. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta