Ferido grave o condutor dun camión cisterna que perdeu 5.000 litros de gasóleo na AP-9

O accidente produciuse sobre as 16,25 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2024 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O envorco dun camión cisterna á altura do quilómetro 55 da AP-9, ao seu paso por Oroso, provocou a perda de 5.000 libros de gasóleo e deixou ao seu condutor ferido de gravidade. Segundo informou ao Europa Press o CIAE 112, varios particulares informaron o accidente sobre as 16,25 horas deste venres e avisaron de que había unha persoa no interior do vehículo que podería estar atrapada.

Debido ao impacto, o condutor, que resultou ferido de gravidade, quedou atrapado e tivo que ser excarcerado para o seu traslado en helicóptero a un centro hospitalario.

Ademais, o vehículo, que transportaba gasóleo, perdeu uns 5.000 litros deste combustible. Por iso, activouse o Plan de Protección Civil ante accidentes no transporte de mercadorías perigosas, Transgal, aínda que estas fontes sinalaron que a vertedura xa fora controlada.

Ao lugar acudiron os servizos de Urxencias Sanitaria de Galicia-061, os bombeiros de Ordes e Santiago, así como a Garda Civil de tráfico e Protección Civil. Ademais, conforme detalla a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) o accidente provocou retencións na zona, onde a circulación é irregular.

Ferido grave o condutor dun camión cisterna que perdeu 5.000 litros de gasóleo na AP-9, ao seu paso por Oroso. HELICO SANTIAGO
Ferido grave o condutor dun camión cisterna que perdeu 5.000 litros de gasóleo na AP-9, ao seu paso por Oroso. HELICO SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta