A futura Xunta de Rueda non terá "ningunha rutura radical": "Os galegos opinaron que o meu goberno debería continuar"

Contestalle a Ana Pontón que el non fala de "nomes, senón de estruturas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2024 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, volveu a evitar dar pistas sobre cales son os cambios que introducirá no seu novo goberno, máis aló de insistir en que non suporán "ningúna ruptura radical" coa liña mantida ata o momento e que pretenden "ser máis funcionais e eficientes" na tarefa de goberno.

En canto ao seu novo equipo, o presidente incidiu en que non haberá "ningunha ruptura radical" porque considera que "o labor de goberno" foi sometido "a ditame" dos galegos que "opinaron" que "merecía" continuar "coa maioría" no arco parlamentario. Así, defendeu que os cambios "están pensados e falado con xente que ten que unha visión ampla". "Ao final, é á min a quen corresponde pensar cales son mellores de aplicar ou cales corresponde aplicar", engadiu.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda | Fonte: DAVID CABEZON

"FALO DE NOMES, NON DE ESTRUTURAS"

Ademais, e preguntado sobre as declaracións da líder do BNG, Ana Pontón, que pediu falar máis de organigrama e menos de nomes, Rueda dixo que, precisamente, diso é do que fala. "Non falo de nomes, senón de estrutura", dixo ao lembrar que no Bloque din que "lles foi ben" nas eleccións. "E a nós tamén. E todos estamos contectos e se todos estamos contentos, perfecto", ironizou.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves, Rueda tampouco quixo, afondar en detalles sobre o contido do discurso de investidura que pronunciará o luns no arranque do debate no Parlamento de Galicia. "Loxicamente está máis madurado pero aínda queda a semana que vén e dúas sesións parlamentarias para falar deste tema e pídovos un pouco de paciencia", sinalou Rueda, que volveu a subliñar que o discurso estará centrado nos compromisos para a investidura que se recollían no programa co que o PP se presentou ás eleccións autonómicas nas que renovou a súa maioría absoluta.

CRÍTICAS Á OPOSICIÓN


Doutra banda, Rueda acusou aos partidos da oposición de actuar "sen rigor" e "dicir cousas que non teñen ningún sentido", ademais de afearlles o que considera unha falta de "coherencia" por avanzar o seu  'non' á investidura antes de "escoitar" o seu discurso.

"Poderían dicir que van escoitar o que se propón e despois votarán, pero non, dixeron que a investidura, en ningún caso", engadiu antes de criticar que BNG e PSdeG acusen á Xunta de inactividade durante estes meses de interinidade tras as eleccións. "Escoitar todo o día que vai haber unha oposición construtiva e, despois, ver as manifestacións que se están dicindo estes días, é moi pouco coherente", dixo Roda antes de afirmar que "nada lle gustaría máis" que a próxima semana durante o debate de investidura haxa "clima de entendemento" entre o PP e os partidos da oposición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta