Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2024 | Actualizada ás 13:34
A Xunta pecha este venres o prazo para que as familias soliciten praza nas escolas infantís da rede pública autonómica para o próximo curso 2024-2025. Así o lembrou durante esta xornada o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, durante a súa visita á escola infantil da Cidade da Xustiza.
Desta forma, ofertan sobre 10.500 prazas de cero a tres anos distribuídas entre os centros da Axencia Galega de Servizos Sociais (Agass) e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Segundo informou o Executivo galego, este será o terceiro curso no que se aplicará a gratuidade para todo o alumnado e en todos os centros da comunidade, con independencia da súa titularidade.
As solicitudes poderán remitirse de forma electrónica mediante a sede da Xunta ou de forma presencial a calquera dos rexistros oficiais. Os nenos que obteñan praza incorporaranse ás aulas o próximo 6 de setembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.