Ferido o condutor dun camión tras saírse da vía na A-52 ao seu paso por Ponteareas

Varios particulares avisaron ao 112 ao redor das 16,00 horas deste venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2024 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

O condutor dun camión resultou ferido tras saírse da vía na A-52, en dirección O Porriño, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponteareas. Segundo informou o 112, foron varios os particulares que minutos despois das 16,00 horas deste venres deron a voz de alarma e indicaron que o home podía estar atrapado.

Así, a central de emerxencias deu aviso Urxencias Sanitarias de Galciia-061, ao GES de Ponteareas, a Protección Civil de Ponteareas, á Policía Local, á Garda Civil e aos Bombeiros de Vigo.Unha vez no punto, o GES informou de que o home non estaba atrapado e que fora trasladado ao hospital.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta