Convocadas axudas para a consolidación de asociacións de mulleres e o fomento de actividades de igualdade

A secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, asegurou que "se trata de apoiar ás asociacións de mulleres e federacións constituídas por elas, sen ánimo de lucro, "coa finalidade de fortalecer o movemento asociativo feminino e potenciar a participación social e a calidade de vida das galegas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, visitou este mércores en Santiago a sede da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), onde informou da nova convocatoria de axudas da Consellería destinadas á consolidación do movemento asociativo feminino e para a promoción de actividades en materia de igualdade, prevención de violencia de xénero e de atención ás vítimas.

A este respecto, destacan nun comunicado que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde coa que o Goberno galego mostra especial atención ás vítimas que residen no rural, ás mulleres maiores e ás que se atopan en situación de vulnerabilidade. Con este programa, apuntan, trátase de apoiar ás asociacións de mulleres e federacións constituídas por elas, sen ánimo de lucro, "coa finalidade de fortalecer o movemento asociativo feminino e potenciar a participación social e a calidade de vida das galegas".

As axudas teñen como obxectivo o impulso e a dinamización das asociacións de mulleres, con especial atención ao ámbito rural, onde se quere "visibilizar e pór en valor o papel feminino como factor de dinamización, de loita contra as violencias machistas, da mellora da calidade de vida nas comunidades e axente do tecido social".

DÚAS LIÑAS DE AXUDA

A convocatoria, na que se invisten 318.000 euros, consta de dúas liñas. A primeira, relativa á consolidación do movemento asociativo, está destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións, xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024, ambos os incluídos. A contía máxima da axuda prevista por entidade é de 4.000 euros.

En canto á segunda liña, está dotada con 150.000 euros no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Prevense apoios á promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento ás vítimas, co foco posto nas mulleres rurais, nas maiores e nas que se atopan en situación de vulnerabilidade. As contías, ata un máximo de 6.000 euros, permitirán financiar actividades desenvolvidas entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024.

Neste caso, as actuacións deben responder a algunha do catro tipoloxías seguintes: accións de sensibilización e concienciación social en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero; actuacións para o empoderamiento e a participación activa da cidadanía feminina; iniciativas para facilitar a adquisición de competencias e habilidades básicas para unha maior autonomía das mulleres e, por último, medidas específicas dirixidas á prevención da violencia contra as mulleres e ao acompañamento ás vítimas.

Varias mulleres protestan con carteis durante unha manifestación
Varias mulleres protestan con carteis durante unha manifestación | Fonte: César Arxina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta