Nace o primeiro Anuario da Innovación en Galicia

O Anuario ofrece unha completa radiografía do ecosistema galego de I+D+i e conta cun apartado específico dedicado á promoción de innovacións "made in Galicia".

Por GC Emprende | Compostela | 05/10/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Portal de Innovación Innovamás presentou o primeiro Anuario da Innovación en Galicia 2015 co obxectivo de concienciar aos empresarios e directivos sobre a importancia de apostar pola innovación, así como dar a coñecer os proxectos innovadores galegos tanto dentro como fóra da Comunidade.

Bombóns Pedras de Santiago do Obradoiro de respostería de La Perla, en Santiago, empresa que colabora no TFC de Composterra
Bombóns Pedras de Santiago do Obradoiro de respostería de La Perla, en Santiago, empresa que colabora no TFC de Composterra

O Anuario da Innovación en Galicia 2015, que nace co obxectivo de divulgar a I+D+i entre o empresariado e dar a coñecer as innovacións que se realizan en Galicia, ofrece unha completa radiografía do ecosistema galego de I+D+i, a través de reportaxes, entrevistas e artigos de opinión, nos que os protagonistas son os centros de investigación, empresas, institucións e outros organismos públicos e privados, que están a facer de Galicia unha rexión con voz propia en talento e innovación. 

O Anuario conta ademais cun apartado específico dedicado á promoción de innovacións "made in Galicia", onde se recolle unha selección de produtos innovadores realizados por compañías galegas de diferentes sectores que, grazas á súa aposta pola I+D+i, conseguiron situarse no mercado e alcanzar o éxito empresarial.

Tal e como explica a súa directora, Tesa Díaz-Faes, "desde o ano 2009 apostamos en MundiNova por divulgar a innovación". "En Galicia innóvase, pero estas innovacións e o potencial innovador das empresas e centros de investigación galegos teñen que ser cada vez máis coñecidos entre o tecido empresarial e a sociedade. Se aos directivos facilítanselles ferramentas para saber como empezar a innovar, que fan outras empresas e quen lles pode axudar, estaremos a cumprir o noso obxectivo para conseguir que moitas empresas galegas cambien aos poucos a súa mentalidade e láncense a definir e pór en marcha proxectos innovadores, mellorando así a súa competitividade", engadiu.

A publicación finaliza cun amplo directorio no que referencian os principais axentes vinculados á innovación en Galicia, desde institucións públicas e organismos oficiais, até centros de investigación, centros tecnolóxicos, puntos en Galicia da Rede PI+D+i do CDTI, aceleradoras de empresas ou parques tecnolóxicos, entre outros.

Produtos deseñados pola empresa Platacero para a Copa do Mundo de futbol de Brasil
Produtos deseñados pola empresa Platacero para a Copa do Mundo de futbol de Brasil | Fonte: teinteresa.com

Pódese acceder ao anuario en www.revistadeinnovacion.com/publicaciones/anuario_de_la_innovacion_2015.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta