Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2024 | Actualizada ás 11:27
A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión de subvencións a programas de apoio á cultura, nos que investirá este ano case 400.000 euros.
A institución provincial reservará unha partida de 196.035 euros para o programa FO214/2024, de subvencións a corais polifónicas, e bandas de música populares.
Tamén para entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia da Coruña, de face á realización de investimentos culturais durante o ano 2024. As axudas chegarán a 78 beneficiarios.
Noutra orde de cousas, a deputada de Cultura, Natividade González, mantivo un encontro, no Pazo de Mariñán, cos participantes das Residencias Artísticas, impulsadas pola Deputación da Coruña.
A deputada destacou no encontro o potencial de todas as propostas, así como "o compromiso dos artistas e autores, que están a aproveitar estas Residencias ao máximo, conscientes da gran oportunidade que supón para as súas creacións, ao facilitarlles as ferramentas idóneas para levalas a cabo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.