A estatexia de Santórum no xuízo do Karar: "Quero pronunciar a última palabra ao final do xuízo"

Négase declarar no xuízo do Karar pero proclama: "Non cometín ningún delito".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 23/04/2024 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Juan Carlos Santórum, considerado polos investigadores o xefe da rede que tentou introducir en Galicia 3,8 toneladas de cocaína a bordo do buque MV Karar, en abril de 2020, negouse a declarar no xuízo que se segue por estes feitos na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Tras as declaracións dos tripulantes do barco, este martes chegou a quenda de Santórum, que sinalou que coñece os feitos dos que lle acusan, pero negou ter relación con eles. "Eu non cometín ningún delito", proclamou.

A preguntas da maxistrada presidenta repetiu varias veces que quería declarar ao final da práctica da proba, pero a xuíza lembroulle que ese era o momento de declarar. Entón, Santórum remitiuse á súa última declaración en fase de instrución, e pediu exercer o seu dereito a pronunciar a última palabra, ao final do xuízo.

Igualmente, outros dous acusados máis (defendidos pola mesma letrada que Santórum), o irmán do propio Santórum e Emilio Xosé R.C., tamén se negaron a declarar e usarán o seu dereito á última palabra. Juan Carlos Santórum enfróntase á pena 18 anos e medio de cárcere por tráfico de drogas e pertenza a organización criminal. Fiscalía tamén pide que pague unha multa de 438 millóns de euros.

Juan Carlos Santórum, ante o tribunal da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra
Juan Carlos Santórum, ante o tribunal da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta