Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2024 | Actualizada ás 18:01
Un home resultou ferido ao quedar atrapado por unha perna nunha fresadora mentres traballaba nunha leira de Vila de Cruces.
O suceso tivo lugar ás 12,00 horas deste martes na parroquia de Camanzo, ata onde se mobilizou unha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061, segundo informou o CIAE 112 Galicia.
O home foi atendido polos profesionais sanitarios, que decidiron o seu traslado ata un hospital cunha ferida de luxación de xeonllo a consecuencia do incidente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.