Ecoloxistas volven dar plantón este venres ao Consello Galego de Medio Ambiente por non abordar os eólicos

Representantes de Adega, Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Historia Natural acusan á Consellería de Medio Ambiente de converter ao Cogamads "nunha pantomima".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2024 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

Representantes de Adega, Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Historia Natural anunciaron que non acudirán este venres, 31 de maio, á reunión do Consello Galego de Medio Ambiente (Cogamads) "tras dous anos sen ser atendida a súa lexítima solicitude de que se debata" neste organismo a súa petición de abordar os efectos ambientais en numerosos proxectos eólicos en tramitación.

Estas entidades ecoloxistas levan dous anos sen acudir a este órgano ao non tratarse na convocatoria a súa solicitude "presentada formalmente e reiterada" acerca da temática eólica. Nun comunicado conxunto asinado polas tres entidades, remarcan que a lexislación obriga a canalizar a participación pública en relación co medio ambiente a través de organismos como este, polo que acusan á Consellería de Medio Ambiente de converter ao Cogamads "nunha pantomima".

E é que consideran que o Consello Galego de Medio Ambiente, lonxe de ser un órgano consultivo e participación, "non é máis que un instrumento da Consellería" para "exhibir a fachada" das súas políticas, cun funcionamento "irregular" que "pretende bloquear e ignorar" o dereito a participación cidadá.

Renovables-parques eólicos
Renovables-parques eólicos | Fonte: EUROPA PRESS - IBERDROLA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta