A inusual calor do outono provoca grandes perdas na castaña galega

As elevadas temperaturas do outono minguaron en máis dun 30% a súa colleira.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 18/11/2015 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

Entre un 30 e un 40%. Esas son as estimacións de perda da colleita que fai o consello regulador Castaña de Galicia polas elevadas temperaturas rexistradas en Galicia durante este outono, un dos máis cálidos que se lembran no país.

Castañas
Castañas | Fonte: MGD

A produción de castaña en toda Galicia roldará  este ano as 20.000 toneladas, unha cifra considerablemente inferior á prevista, aínda que aumentou a produción de castañas certificadas polo consello regulador nun 30 % até chegar ás 200 toneladas.

E, aínda que a primeira parte da campaña foi realmente boa, as temperaturas anormalmente elevadas de finais de outubro e principios de novembro provocaron, segundo o presidente do consello regulador,  Jesús Quintá, “unha diminución na calidade do froito". "Esperabamos unha moi boa campaña, pero ao final foi un pouco decepcionante", dixo.Ademais, coa calor consúmense menos castañas do que é habitual nesta época do ano. 

Tags: #castañas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta