5 millóns de euros para proxectos que melloren as lonxas e portos galegos

En concreto, os apoios económicos están enfocados a avanzar na seguridade e as condicións de traballo dos profesionais do mar

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/07/2024 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A Xunta seleccionou un total de 47 proxectos aos que destinará 5 millóns de euros para levar a cabo melloras nas lonxas e portos de Galicia. Así o recolle un informe analizado este luns no Consello da Xunta sobre a convocatoria activada o pasado 28 de decembro, integrada na estratexia do plan de equipamentos pesqueiros de Galicia 2030.

En concreto, os apoios económicos están enfocados a avanzar na seguridade e as condicións de traballo dos profesionais do mar, así como no desenvolvemento de iniciativas de protección ambiental. Tamén reciben axudas outros proxectos orientados á conservación das descargas de peixe e marisco e a outras actuacións paraque as dársenas estean mellor preparadas ante as inclemencias meterológicas asociadas ao cambio climático.

Arquivo - Almacenistas observan o bonito colocado na lonxa tras a súa recollida do mar, a 12 de agosto de 2022, na lonxa de Burela, Lugo, Galicia (España). A mediados do pasado xuño comezaron as descargas de bonito no porto de Burela e agora a. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta