O PG e Coalición Galega destacan o “galeguismo” de Nós candidatura galega

Estas formacións agardan reeditar candidatura galega nos comicios autonómicos do vindeiro ano. Unha porta que non pechou o líder do BNG, Xabier Vence.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/11/2015 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

Nós Candidatura Galega presentou este xoves oficialmente aos integrantes desta candidatura galega ao Congreso. A pesar de que o BNG é a formación maioritaria e de que os principais candidatos da lista son militantes desta formación,  o certo é que a candidatura tamén está integrada polo Partido Galeguista (PG), Coalición Galega (CG), Federación Obreira Galega (FOGA) e Partido Comunista do Povo Galego.

Acto de Nós Candidatura Galega en Vigo
Acto de Nós Candidatura Galega en Vigo | Fonte: @noscgalega

Precisamente, as formacións moderadas Partido Galeguista (PG) e Coalición Galega (CG) destacaron a importancia se sumar forzas “galeguistas” cun proxecto propio en Madrid. Así, Xavier Grandío, de CG, saudou ao reagrupamento do “galeguismo” que se deu nestes comicios. “Foi a situación límite en que se atopa Galicia propiciou"a viraxe máis importante desta formación en toda a súa historia”, sinalou.

Por iso, amosou o seu desexo que esta “viraxe” cara ao galeguismo tamén se dea despois dos comicios do 20D. Neste sentido, Manuel Suárez, presidente do Partido Galeguista, destacou que Nós Candidatura Galega "é a única candidatura que poderá conformar un grupo parlamentario galego" no Congreso.

Neste sentido, destacou que, ao beber do galeguismo e do nacionalismo non van competir no mesmo espazo electoral que En Marea. “Por moita vontade que teñan, nunca poderán conformar un grupo parlamentario galego pola normativa legal; se se fai unha coalición con partidos que xa teñen conformado grupo parlamentario eles teñen que integrarse nel", aclarou.

Unha opinión coincidente coa do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, que descartou competencia polo mesmo espazo electoral entre En Marea e Nós Candidatura Galega. “En absoluto hai o mesmo espazo...Nós disputámoslle a todas as forzas políticas de obediencia estatal a representación de Galiza, porque cremos que Galiza necesita unha voz propia no Congreso que non se supedite aos intereses desas forzas estatais e que non vaian para engordar de forma silenciosa os grupos parlamentarios desas forzas", afirmou.

Sen embargo, e a diferencia dos seus colegas do PG e CG, Vence evitou falar de novas coalicións con estes grupos moderados galeguistas para as autonómicas. “A día de hoxe non está formulada –a coalición-- para procesos ulteriores. Non prefigura nada con respecto ao futuro despois do 20D", engadiu. En todo caso, aclarou que “desde o BNG, sen ter configurado nada para ulteriores comicios, o que temos claro é a aposta por sumar forzas, por sumar vontades para que Galicia teña unha expresión política propia".

Nesta presentación conxunta tamén participou Elvira Souto, portavoz de Iniciativa pola Unión, unha das plataformas xurdidas para constituír unha candidatura galega de unidade para as eleccións xerais. "O feito de que houbese partidos que moi lexitimamente tivesen compromisos previos internos dificultou moito a consecución do obxectivo dunha candidatura de todos os partidos progresistas de Galicia", queixouse en alusión a outra lista.

Tamén Xosé Carlos de la Fuente, representante da Federación Obreira Galega, ratificou as palabras dos seus compañeiros de coalición e sostivo que tiña que "tirar" da emoción para ser capaz de transmitir o que Nós Candidatura Galega espera da próxima cita electoral.

Non asistiu á rolda de prensa, aínda que a súa presenza estaba prevista, Xosé Collazo, do Partido Comunista do Povo Galego, outra das formacións que integran Nós Candidatura Galega. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

3 Camaleon

Non vos esforcedes, desta non hai parto. De grupo parlamentario nada, nin uns nin outros. En Lugo e Ourense nin un deputado, o PPsoE estaravos agradecido a ambos. As esperanzas de Nos-BNG estan en Pontevedra, onde non van rascar, como tampouco faran os contras, que alegria irmos divididos! Si tera un deputado Podemos pola Corunha, pois a ese grupo ira o de Marea-Podemos para pagar a colaboracion nas municipais coas Mareas. Non sera co meu voto, non vou perder o tempo apoiando causas perdidas e negocios de partido. Que noxo, o invento da Faes e a banca que se chama Ciudadanos vai superar a Nos e Mareas, todo un logro de Beiras e Vence. Que altura de dirixentes galegos!

1 Fausto da Seralha

Nada, se a culpa vai ser agora do BNG e do Vence. Mira, mellor bótalle a culpa á UPG. A culpa de quen é?, menos miña de todo deus. Ti ten enconta que mentres o BNG renunciou ás súas siglas ANOVA, IU e PODEMOS xa tiña asinada a súa estratexia, pero que máis dá, a culpa é do BNG, UPG, VENCE, de perico dos palotes do Bloque...

2 comunista independentista

Cos eufemismos "moderados" e "galeguista" os aliados dereitosos do BnG confirman a súa deriva conservadora e autonomista. Moi ben. O quintanismo sen Quin.

1 Pexigo de Arriba

Certo, o Bloque volta para a dereita e Anova cara o centralismo madrilenho (espanholismo en version bloqueira). Nada novo, grande exito como nas decadas pasadas o que se agarda para o 20D! E @s bestas ainda aplauden!

2 LKI

Con ese discurso pensado para o autoconsumo interno que leva de hai tempo a UPeGá e que consiste en considerar "españolismo" a todo o que non cheire a BeNeGá e a todo o que non controlen, vai chegar un momento no que para o vello partido pacorrodriguista TODA Galiza será "españolista". Ese vai ser o contributo final de Nós-BNG-UPG coa súa teima de "desgaleguizar" aos adversarios: "re-españolizar" cos seus mantras TODO o espectro político galego.

3 L KK

ademais os madrileños de Pablemos e de IU Black son tan galegos coma nos

1 JOSE MANUEL

O mesmo PG que quixo pactar con Carlos Marcos na Coruña?. Que risa!!

1 Fausto da Seralha

O PG, mais esa dirección foi chimpada. Agora hai outra cuns valores nacionalistas. Saúdos.

2 Eu mesmo

O candidado é a terceira parte da militancia, os outros son un tal Sotelo do Carballiño e un tal Chesqui do Grove. Todo o que tocan contamínano e levan anos luxando as sigras do histórico PG.