Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2024 | Actualizada ás 20:01
A Deputación Permanente do Parlamento de Galicia reunirase este mércores, ás 11.00 horas, para abordar "o proceso de adxudicación e o sobrecusto" do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
A solicitude foi presentada polo grupo parlamentario do BNG, que quere que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dea explicacións sobre o contrato da obra do hospital vigués.
Así o reclamaba o pasado domingo a portavoz nacional, Ana Pontón, despois coñecerse o Informe de Fiscalización do Contrato de Concesión publicado por Contas, que conclúe que sería máis eficiente licitar a obra e os servizos do centro por separado, e non conxuntamente como levou a cabo a Xunta, xa que suporía un aforro de máis de 470 millóns de euros (IVE incluído).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.