Callón: “Nós temos formiguiñas na rúa, outros parece que viven na televisión”

O cabeza de cartel de Nós Candidatura Galega critica nesta entrevista a suposta operación mediática para instaurar un “bipartidismo” ao cadrado no Estado. Carlos Callón tamén avalía as enquisas, a suba de Ciudadanos, as diferencias con En Marea e o comentado vídeo da cachucha. Se tivese que votar para escoller presidente, promete impedir que goberne o PP ou Ciudadanos.

Por Manuel Vilas | Ribeira | 15/12/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Carlos  Callón Torres, (Ribeira 1978) foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Licenciado en filoloxías galega e portuguesa, traballa de profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario. Publicou varios ensaios sobre a situación do galego en Xerais. 

Carlos Callón fálalle a unha cachucha de porco nun vídeo electoral de Nós Candidatura Galega no youtube
Carlos Callón fálalle a unha cachucha de porco nun vídeo electoral de Nós Candidatura Galega no youtube

Vencellado ano nacionalismo dende mozo, foi concelleiro Bloque na súa vila natal durante ano e medio e en 2015 presentouse, e gañou, as primarias da Coruña de Nós Candidatura Galega. Entrevístámolo vía telefónica, entre mitin e mitin dunha apretada axenda.

Como valora as enquisas publicadas até o de agora? Case ningunha dálle deputados a Nós ...

As enquisas están para superalas. Imos xogar até o último minuto de desconto, con estusiasmo e con enerxía.

A do CIS é a de maior mostra e tampouco ...

Carlos Callón Carlos Callón
Carlos Callón Carlos Callón

A enquisa do CIS ten un problema metodolóxico serio porque non preguntou por Nós Candidatura Galega, que aínda se estaba a configurar e, de feito, eu non era aínda candidato cando fixeron o traballo de campo. Nese sentido é un pouco entraño. É unha foto fixa de hai máis dun mes.

Case todas as enquisas dánlle a Ciudadanos unha importante subida, aínda que hai discrepancia sobre esa suba no país. Non indica iso que na sociedade se consolida o discurso a prol da unidade do Estado?

O que indica é o esforzo feroz dos grupo mediáticos para substituír o bipartidismo reinante, por un bipartidismo por dous ou ao cadrado. O que se lle intenta transmitir á xente é que só pode escoller entre catro. 

Fala do papel dos medios. Síntese mal tratados polos medios de comunicación, en concreto en Galicia? 

Eu centraríame na falta de igualdade de oportunidades a nivel dos medios do Estado español Que veña alguén e nos explique porque razón unha forza política que leva 20 anos no Congreso non tivo nin un só minuto de anuncios nin en prime time, e outras forzas que non teñen representación non é que teñan só presenza diaria nos informativos, parece que viven xa nos ‘platós’ de televisión. Non é democrático que forzas como o nacionalismo galego non reciban o mesmo trato, aínda que nós non desanimamos fronte a unha democracia teledirixida.

A situación a pé de rúa difire do que transmiten os medios. Como percibe por exemplo como están indo os seus mitins?

A asistencia aos mitins véxoa moi ben. Como digo eu a miúdo, eles teñen “El Hormiguero” nos temos as formiguiñas, xente que traballa a pé de rúa e que leva tempo a actuar para difundir as nosas propostas. E claro, isto nótase nas asistencias ao mitins. Por exemplo,  hai concellos nos que me sorprendo de só hai carteis de campaña pendurados de Nós Candidatura Galega, e non se contratou ningunha empresa para facelo, son militantes e simpatizantes. En definitiva, a resposta na rúa é moi positiva, ademais da campaña nas redes

Ao fío das redes. Houbo bastantes comentarios sobre o seu vídeo facendo un monólogo canda unha cachucha ...

Todo o mundo sabe que o se fixo foi unha parodia de Hamlet. O que se pretende é transmitir,  con sentido de humor,  que pasaría se Galiza non estivese no congreso; e eu penso que esa mensaxe se lanzou moi ben. O vídeo recibiu moitos comentarios e, aínda que un sempre está aberto  a critica por suposto, a maioría a favor. Incluso saíu nos medios a nivel estatal.

Moita da audiencia de GC pode estar arestora dubidando se votar a Nós Candidatura Galega ou a En Marea, dado que se presentan en coordenadas ideolóxicas próximas e de feito estiveron a negociar até hai nada unha lista común. Que lle diría a esa xente para que aposten por Nós?

Dúas cousas. Nós é unha opción coherente  e de esquerdas, que non muda o programa electoral a golpe de sondaxe. Somos a única candidatura que dicimos alto e claro “OTAN non”, por exemplo; ou que defende unha rede publica de ensino en galego. Outra cousa diríalles que ninguén defenderá a Galicia coma Nós porque somos os únicos que non van ter ningún tipo de límite en defender o pais. Nin Pablo Iglesias nin ninguén nos vai dicir a nivel de estado como defender a Galicia.

Vistas as enquisas, é probábel que ninguén logre maioría absoluta. De ser necesario para evitar que repita o PP, pensarían se empregar os votos de Nós Candidatura Galega para investir a un candidato do PSOE, como sucedeu en moitas institucións cos votos do BNG?

Temos clarísima unha cousa. Nós Candidatura Galega non vai permitir que goberne nin a nova nin a vella dereita, nin a vella do pp nin a nova de Ciudadanos. Para nós é fundamental botar a Rajoy, non podemos manter este goberno de vampiros, que o Goberno estea no castelo de Drácula. Para as outras formacións non temos un cheque en branco, con Nós hai que negociar unha política de esquerdas coherente (en servizos como a sanidade ou o ensino) e despois: Galiza, Galiza, Galiza e Galiza. Imos poñer os problemas de Galiza enriba da mesa, non poden seguir a roubar a tarifa eléctrica a cambio de nada cando hai 180.000 a galegos que non poden pagar a luz, por exemplo.

Candidatos ao Congreso de Nós Candidatura Galega
Candidatos ao Congreso de Nós Candidatura Galega
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

5 cachamuinha

Prefiro votar pola cachucha de porco que votar por Callón

1 Xurxo

Cada quem se identifica com os seus.

4 Sarille

Podes decirme canto tempo leva exercendo como docente e canto tempo viviu da Mesa?

1 Chan Gúi

Se es o Sarille orixinal. Deberías estar caladiño, moi caladiño...

2 Amigo do Sarille

O que acabas de facer esta moi feo, estimado Chan Gui. Ou aclaras o que deixaches a medias, apañando coas consecuencias, ou es un covarde que se esconde despois de tirar a pedra. Hai que ser menos indecente (e que che presten outro dispositivo se xa esgotaches o credito con ese en GC). E de paso pon o teu nome verdadeiro, se te atreves...

3 Anonimo

Digocho eu...no tempo que estivo na mesa viviu da administracion...como liberado da CIG-Administración Autonómica, ocupando un dos liberados do acordo coa Xunta pola representacion gañada pola CIG Autonómica nas eleccions sindicais, e requisada pola Confederacion por solidariedade. Asi que quen lle pagou a nómina ese tempo foi a Xunta, e a liberacion deulla a CIG. Con un par

4 Chan Gúi

Simplemente referíame a que Sarille estivo 11 anos ao frente da Mesa. Desde o ano 86 ao 97 se non me equivoco. Se molesta a alguén pido disculpas, pero era exclusivamente ao que me refería. Ademais alguén debe estar ao frente. Por iso a miña crítica é moi diferente a de outros. E se non é o auténtico Sarille o que puxo ese nome debería buscar outro para opinar. E poñer o nome real xa vexo eu como o poñen os demais...

5 galo ou galiña?

Igual que Callon, ou non chuchou do bipartito e de asesor dunha television, creo lembrar. Por certo, exactamente onde exerceu de mestre Callon e por canto tempo? O dos ovos non me importa.

6 Amigo do Sarille

Seguro que si Chan Gui, seguro que falavas diso: faroleiro ou covarde? Comparar a Mesa dos tempos do Sarille co servilismo de Callon, xa hai que ter cara. Ou non gardou silencio ante publicidade institucional en castelan para medios galegos o 25 de Xullo da conselleria do BNG (Suarez Canal, claro), ante a propaganda repetida en español do bipartito da Deputacion de Lugo, ou dos la, la, las da Coruña, Ribadeo, Monforte... Once anos de Sarille, abonda, e cantos leva e pretende sumar Carme Adan?

7 Caen os preas

Chan Gúi es un covarde falabarato do BNG!

3 Chan Gúi

Falta o comentarista de hai uns días que dicía que Callón era un político profesional sen profesión. A min, que esas cousas corróenme, xa expliquei que Callón non necesitaba para nada vivir da política pois ten o seu posto de traballo no ensino. Tamén dicía o mesmo da profesora de filosofía ( e doutora) Carme Adán que tamén ten a súa praza en propiedade por oposición. Eu o que suxiro a Galicia confidencial é que comentarios dese tipo sexan borrados automáticamente (refírome a aqueles que fan esas afirmacións e que son facilmente comprobables). Eses seres miserentos non poden estar representados en ningún lugar, unha cousa é a ideoloxía ou simpatía por determinada opción e outra tirar lixo sobre as persoas. Como o primeiro comentario deste que aparece aquí de Duarte. Podes rir pero insultar desta maneira tan baixa non. Que conste que non coñezo persoalmente nin a Callón nin a Carme Adán.

1 nostrus

Bueno, pero si deberia estar prohibido insultar, tambien deberia estar prohibido calumniar, porque acusar a C´s de ser de derechas no deja de ser una calumnia aunque no la veais por el color de vuestras gafas, pero que si veriais y os escandalizariais si acusaramos al nacionalismo de apoyar el terrorismo. C´s nunca se ha manifestado ser de derechas y su programa contiene cosas que la derecha rechaza

2 Paletanos

Son ustedes tan necios que llegan a comparar derecha con terrorismo. Ya se ve el nivelazo del electorado de CS...

3 nostrus

Paletanos, pois Beiras non considera a RG como grupo terrorista e mesmo Ferrin foi coleccionista de armas de guerra en bo estado e nalgun tempo o nacionalismo pediu o voto para HB. Posiblemente sexa mais esaxerado considerar a C´s de dereita que ao nacionalismo coquetear co terrorismo

4 Duarte

Para ser crible a súa queixa gustaríame ver esa exquisitez á hora de esixir respecto cara a Feijóo ou calquera membro do PP, votado por centos de miles de galegos, igualmente respectables, cando aquí publícanse todo tipo de insultos contra eles. E non se censuran de inmediato, como ocorreu co meu erro á hora de poñer a G no medio de Ca - llón

2 nostrus

Normal que Callon rexeite a Ciudadanos, tamen o demo rexeita a cruz.NOS representa o fundamentalismo do seculo XXI tentando convertir a Galicia nunha gran secta na que todos os galegos se teñan que comportar cunhos parametros diseñados polo nacionalismo, mentras que Ciudadanos pretende que cada galego sexa unha persona libre que faga o que lle dea a gaña coa sua vida. O nacionalismo apropiase de Galicia e convirtese nunha especie de falanxismo galegueiro.

1 Paletanos

"cunhos" "lle dea a gaña" Que el señor nos coja confesadas.

2 fartodelespañol

nostrus que me expliques porque tenemos que aprender el español sera porque no lo quiere nadie que es un idioma que no sirve para nada solo para matar gente como sucedio en america y despues ede la giuerra civil sigues siendo tan neonazi como siempre repite conmigo hitler era malo y el español una mi er da

1 señora

Vaia intepretación máis falsa da realidade. Callón ben pode falar da pinza tripartita para excluír todo o que non sexa PSOE/PP/BNG dos faladoiros da CRTVG. Ou dos cartos cos que as administracións bloqueiras nabolizan a prensa deste país. Ah, non, o vitimismo sempre por bandeira.