Un viño galego, protagonista do debate entre Rajoy e Sánchez

Trátase dun mecia Chachín Peza do Rei, a mesma adaga que xa chegou a mesa do presidente Barack Obama. Para Madrid marcharon entre 180 e 200 botellas que serán catadas por preto de 900 convidados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2015 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Un viño galego amenizará este luns o debate entre os líderes do PP e do PSOE, Mariano Rajoy e Pedro Sánchez. Será un caldo da adega ourensá Cachín, da denominación de orixe da Ribeira Sacra, que será o que estea no cóctel que se servirá esta noite durante o debate televisivo aos preto de 900 convidados e acreditados a este evento.

Un Peza do Rei, viño elixido para o debate entre Rajoy e Sánchez
Un Peza do Rei, viño elixido para o debate entre Rajoy e Sánchez | Fonte: galaicusgourmet.com

A Academia do Audiovisual elixiu un Peza do Rei barrica 2013. É un viño da variedade mencía, envellecido durante 12 meses en barrica de carballo. Ten 13,5 graos de alcol e caracterízase polo seu sabor "suave" e a súa "elegancia".  Para ese debate, a adega mandou xa 30 caixas –entre 180 e 200 botellas--.

É o que di César Enríquez, propietario da adega galega. "Sen dúbida, vai ser un debate apaixonante, así que esperamos que polo menos se poidan relaxar cunha boa botella de viño", destaca. Actualmente, a adega comercializa máis dun 20%  dos seus viños fóra de España, en concreto a países como Estados Unidos.

Non é a primeira vez que os seus caldos teñen transcendencia mediática. Entre os logros alcanzados por esta adega, destaca a  de ser un dos viños elixidos para a cea da Gala da Hispanidade, que contou coa presenza do presidente Barack Obama, nunha cita benéfica que reúne á elite empresarial, política e económica de EEUU para pór en valor o legado e a comunidade hispana do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 xan

Adega Cachín. Viño mencía. César ou "o Cachín" o propietario. Ollo cos redactados.

1 Caldelao

Cachín é a adega, e tamén César "o Cachín". O viño chámase "Peza do Rei Tinto barrica 2013".