O BNG critica duramente as enquisas e debates por “españolizar” a campaña

Nun comunicado interno insta a súa militancia a intensificar os seus esforzos para convencer aos galegos para superar a “ocultación mediática”. Presenta un recurso perante o plano de cobertura da TVG e Radio Galega desta campaña electoral.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/12/2015 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Varias enquisas electorais apuntan a que Nós-Candidatura Galega, a lista electoral impulsada polo BNG, non obterá representación nos comicios do 20D. Un feito co que non coincide a Executiva nacionalista que nun comunicado critica duramente estes traballos demoscópicos e denuncia a "españolización" da campaña.

Executiva do BNG
Executiva do BNG | Fonte: bng-galiza.org

Así, denuncia que as enquisas “perderon de xeito definitivo a súa finalidade de reflectir o estado de opinión” porque, di esta formación, “substituíron a súa función pola de inducir un determinado estado de opinión”. “Especialmente grave no caso das gobernamentais -CIS, polo seu carácter público- que no caso da Galiza resulta claramente cuestionábel: pregúntase por unha alternativa aínda non conformada cando foi realizada a mostra, como Nós-Candidatura Galega, que obtén (segundo ese pintoresco criterio demoscópico seguido) menor apoio que a opción de voto ao BNG nesa mesma enquisa”, indica.

“Non podemos albiscar o resultado electoral, mais si afirmar con rotundidade que a mostra non se fundamenta en parámetros cientificamente aceptábeis, e si nunha evidente intencionalidade política”, indica este comunicado interno remitido a todos os militantes.

Un comunicado no que tamén se cuestionan os debate televisivos e se critica que se queira “españolizar” a campaña cun “novo tetrapartidismo” entre PP, PSOE, C's e Podemos. O vello esquema aínda máis reforzado: España, centro de información e aparente debate; Galiza, inexistente”. “En definitiva, a consideración da política como espectáculo mediático, substituíndo o contraste de ideas en pé de igualdade pola aparición dos líderes españois en platós antes reservados aos reality shows e ao resto de telelixo”, engade.

Así, critica que se “anule e oculte” a presenza mediática da alternativa nacionalista que representa Nós-Candidatura Galega. Neste sentido, lembra que esta lista xa presentou un recurso perante o plano de cobertura da TVG e Radio Galega desta campaña electoral por suspender conexións en directo ou eliminar debates en cada unha das circunscricións. “Co fin de españolizar aínda en maior medida a campaña e residualizar do punto de vista informativo a Nós-Candidatura Galega, malia á súa condición -en virtude da representación parlamentar do BNG- de forza representativa”, engade.

Por iso, insta a súa militancia e simpatizantes “encarecidamente a saír á rúa, a intensificar o labor de contacto social directo, persoal, e a “popularizar colectivamente” a alternativa de Nós-Candidatura Galega. “O único xeito de superarmos a ocultación mediática é a través da visualización social e de rúa, do noso traballo. Fagámolo co orgullo de sermos a alternativa 100% galega”, engade o comunicado que lembra que “cada voto conta”.

Está en xogo a existencia política e visíbel da Galiza como nación e con representación xenuína, non submisa a ninguén. O resultado, máis que nunca, estará en función do noso traballo e da nosa determinación, individual e colectiva”, recolle a misiva. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Mareas do Manzanares

Todo sexa porque Madrid volte a ser a capital de todos os expañois, coma dí a "Hada que nos han Colau"

4 Ante todo, mucha calma

Lembro que ERC chegou case a ser extraparlamentario, e agora é a primeira forza de Catalunya. Pois olla que non hai alternativas, refundacións, outras tácticas e xeitos de loita etc. Eu levo 20 anos sen votar e durmo coma deus. A CUP pasa da farsa mercantilista de votos e opta pola resistencia civil e ten moito mais futuro que os Podemitas, condeados ao limbo cando deixen de serlles útiles as grandes oligarquías que prestanlles os seus mass-meldas. Entre a rapazada que vota polos Syrizos porque e moi guay, cool e sae nas redes e nasas e os pensionistas que votan polo PP porque lles suben un 0,25 pois así andamos. Por certo, o Tsipras en plan coñeiro, apoia as folgas xerais que fan contra él. Di que a baixada do 40 por cento en soldos e pensións son imposicións da UE. Esperemos que a moitos lles pase antes a tontería de que sexa tarde..

1 Balbino

Non me creo nada, nada, pero nada do que dis, nin sequera de ti mesmo.

3 Gamela

Se quixeran recoñecer os seus erros aínda están a tempo ! Ke tal se o BNG (Nós-CG) pedira mañán mesmo que os seus votaran a En Marea !!! Hollande tivo que retirarse para evitar unha desfeita maior e igual Paco Rodríguez debera facerse o Haraquiri antes de ver desaparecer ao BNG (?) Se Beiras + Ferrín son quén de dar o brazo a torcer a prol daqueles "perro-flautas" non sei cales son as "esencias" que poden defender os que quedaron fóra do Concello de Vigo logo de bailarlle as augas ao Caín que goberna hoxe con maioría absoluta grazas a non ter oposición algunha (BNG) // Teñen 6 días para darlle a volta ao mundo! E romper unha lanza a prol da UNIDADE POPULAR !!! http://goo.gl/aR89mm

2 Porta Facheira

Xa teñen preparada a desculpa de perdedores: "fomos excluidos". Asumir responsabilidades nunca foi o forte do BNG. A campaña perdeuna o Bloque cando montou plataformas paralelas, dando a coñecer candidatos a primarias mentres se negocia, creando opinión contra o pacto (Sermos Galiza repetindo que en Valencia non hai acordo con Podemos, unha mentira que o tempo aclarou, negando o de Nafarroa con Bildu, ou dando relevancia ao coronel Lores que dixo que prefería pureza e non mesturas...). E non esquezo que Anova e Mareas tiñan pactado con Podemos e IU, son verdadeiramente uns traidores e vendidos, mais iso non fai mellores as intencións do BNG. Riome eu da exclusión, lembrando como o BNG se opuxo frontalmente hai uns anos en Compostela a que os non representados tivesemos a oportunidade de participar en debates. Agora a todo porquiño lle chega o seu Santo Martiño, e o do BNG comeza o 20D.

1 nostrus

¿españolizar la campaña?, yo creo que eso es una de las tonterias a las que nos tiene acostumbrados el bloque, porque no comprendo como se puede españolizar lo que ya es español. Probablemente se deban este tipo de estupideces al complejo y autoodio de lo que son, que no es ni mas ni menos que ser españoles, porque hasta los renegados y malnacidos no dejan de ser españoles por mucho odio que sientan. Por eso son mejores partidos como C´s, que apuestan por la realidad, la diversidad, la pluralidad sin necesidad de renegar de nada.

1 Carpetovetón

Arriba Ispañistán!! Ayyy los moritos güeeenos, que salero!!