Galicia e Portugal, unidas no sector aeroespacial

O Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia participará na fundación dun proxecto con Portugal. A primeira decisión tras a súa creación foi entrar na fundación do Polo de Innovación Aeroespacial Transfronteirizo

Por GC Emprende | Vigo | 17/12/2015 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Proxecto PINAET (Polo de Innovación Aeroespacial Transfronteirizo). Ese é o nome da iniciativa conxunta entre Galicia e o Norte de Portugal para mellorar a excelencia científica e o desenvolvemento de I+D+i no eido espacial a través da colaboración interrexional transfronteiriza con axentes empresariais. 

Virxilio Rodríguez, investigadores da Agrupación Aeroespacial da UVigo e Francisco Marín celebran o éxito da comprobación en directo do funcionamento do sistema HumSAT
Virxilio Rodríguez, investigadores da Agrupación Aeroespacial da UVigo e Francisco Marín celebran o éxito da comprobación en directo do funcionamento do sistema HumSAT | Fonte: DUVI.

Baseándose na posta en marcha do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia como un novo polo estratéxico de excelencia científica e industrial no sector aeroespacial, darase soporte e servizo a entidades relacionadas con este sector mellorando a competitividade rexional e promovendo a creación e consolidación de empresas e empregos cualificados. O proxecto PINAET encádrase dentro da convocatoria Interreg do programa de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal (POCTEP). 

O principal papel do Centro de Innovación será potenciar a colaboración público-privada grazas á que moitas empresas provenientes doutros sectores afíns poderán participar e colaborar na fabricación de produtos con tecnoloxía de vangarda dos que se obterán elevadas marxes de beneficio.

Esta semana xa se constituíu formalmente o padroado da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia. Así, nomeáronse ao Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, como presidente, á Delegada do Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa, como vicepresidente e ao director xeral de Delta Vigo, Francisco Puga, como secretario. 

Esta fundación está constituída polo Consorcio da Zona Franca e a Universidade de Vigo como patróns fundadores de carácter público e como patróns fundadores de carácter privado por Airbus; o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG); Delta Vigo e a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (UDEGA). O obxecto da Fundación é pór en marcha e xestionar dito Centro para que será o principal foco de innovación e desenvolvemento de todo o noroeste peninsular para este novo sector. O Centro de Innovación terá a súa sede no edificio tecnolóxico de Porto do Molle e contará con instalacións técnicas que estarán ao nivel das utilizadas pola European Space Agency (ESA).

Un satélite que crearon alumnos de Enxeñaría Aeroespacial de Vigo
Un satélite que crearon alumnos de Enxeñaría Aeroespacial de Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta