Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/09/2024 | Actualizada ás 10:36
Terceiro incidente nunha embarcación no que vai de semana. Primeiro foi un incendio dun pesqueiro en Camariñas, este mércores o afundimento dun bateeiro en Moaña e na madrugada deste venres outro lume noutro barco. O accidente tivo lugar fronte a illa de Toralla, en Vigo.
Polo momento descoñecense as causas do sinistro aínda que non houbo que lamentar víctimas. Os dous tripulantes que íán no barco puideron desaloxalo utilizando unha barca neumática.
Segundo informa Salvamento Marítimo, tras recibir unha chamada do 112, mobilizou ao Salvamar Mirach, que localizou aos mariñeiros en bo estado e trasladounos a Bouzas. Tras comprobar que o incendio estaba xa extinguido, remolcou tamén a embarcación.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- (Vídeo) Praias paradisiacas en Galicia: o areal de 3 quilómetros ao que o turismo masivo aínda non chegou
- Municipios galegos buscan socorristas ante a falta de cobertura do servizo nalgunhas praias: "Hai déficit"
- Un conato de incendio en Chandebrito revive nos veciños os recordos dos lumes de 2017
- 87 mortes pola calor en mes e medio, Galicia lidera o ranquing do Estado
- 7ª edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte' coa participación de 30 adegas
- Case 100 hectáreas queimadas nos lumes de Carballeda de Valdeorras e de Chandrexa de Queixa