Ciudadanos di que será a “voz galega” en Madrid

Os seus dirixentes din que teñen “boas expectativas” para as eleccións galegas do 2016 porque este 20D “certifica a súa implantación” en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/12/2015 | Actualizada ás 00:45

Comparte esta noticia

Un escano e o 9% dos votos. Son os resultados de Ciudadanos en Galicia. Uns resultados modestos en comparación ao 14% que sacou esta formación no conxunto do Estado. Sen embargo, os seus responsables en Galicia, amosáronse “moi satisfeitos” e anunciaron xa que os case 150.00 votos obtidos “certifican a súa implantación” en Galicia.

Albert Rivera
Albert Rivera | Fonte: Carlos Delgado wikimedia

De feito, esta formación xa olla para as autonómicas do ano que ven e os seus responsables en Galicia aseguran que estarán “presentes”. Así, suliñaron que os resultados do 20D sinalan que multiplicaron por cinco" o número de votantes en Galicia con respecto ás locais.

Este domingo, pouco despois da comparecencia do seu líder, Albert Rivera, tamén compareceron en Santiago o delegado de Ciudadanos en Galicia, Javier Chouza, á coordinadora do partido en Santiago, Lola Pazos, e o recentemente elixido deputado do Congreso pola Coruña, Antonio Rodríguez.

 “Haberá unha voz galega en Madrid, a de Antonio Rodríguez”, dixo Javier Chouza que insistiu en que esta formación "está a crecer" en Galicia con "paso firme".  "Estes resultados certifican a implantación de Cidadáns en Galicia e anúnciannos moi boas expectativas para as autonómicas", engadiu Lola Pazos, que agradeceu o labor de todos os afiliados e simpatizantes nunha campaña "moi dura".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 alexandre dadas

sera o Khal drogao

1 Wqu2

Coudadanos será a voz galega en Madrid cando eu chegue a Papa en Roma. E nin empecei Teoloxía...