Vence aposta por ser “atrevido” nas Autonómicas para superar os problemas actuais do BNG

Nunha misiva aos militantes á que tivo aceso GC, anima a debater sobre o futuro da formación frontista; ir en solitario ou en coaligación nas vindeiras autonómicas e lembra que “as solucións que xa se comprobaron reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/01/2016 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O debate aberto no BNG logo da contundente derrota electoral da fronte nacionalista nas xerais faise cada vez máis aberto e participativo. O seu portavoz nacional, Xavier Vence, é un dos principais dirixentes que aposta pola confluencia con outras forzas no vindeiro escenario electoral; as autonómicas galegas. Unha postura na que coincide o colectivo Abrente pero que choca frontalmente coa postura dos dous únicos partidos organizados que quedan no BNG; a UPG, o partido dominante do Bloque tras a excisión de Amio e unha pequena excisión deste, o Movemento Galego ao Socialismo.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Nunha misiva remitida aos militantes, e á que tivo acceso GC, Vence ínstaos a debater sobre o futuro da organización frontista. Un debate que se está dando en distintas asembleas comarcais e que se pechará cunha asemblea nacional o vindeiro 28 de febreiro. Precisamente, o líder do BNG refírese a estas reflexións e di que “nestas semanas xa están tendo lugar debates sobre algúns aspectos nos diferentes órganos da nosa organización. Estanse a dar con serenidade, fraternidade e compañeirismo sabendo que tod@s queremos o mellor para o futuro deste proxecto e para que sexa útil a este país e a maioría social”.

Sen embargo, tamén fai o seu propio diagnóstico. “Vós sabedes ben que non se resolven os problemas que non se formulan. Tamén sabedes que as solucións que xa comprobamos reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”, sinala. Por iso, aposta por “ser, necesariamente, atrevid@s e criativ@s” para “superar as rutinas e poñer moita atención naquilo que di a nosa contorna, as persoas que sempre nos apoiaron, @s que sempre quixeron a este país, @s que dun xeito ou outro loitan por mudalo”.

Vence fala públicamente das dúas opcións que se están debatendo nestas xuntanzas; ou unha confluencia con outras formacións, nomeadamente, coas mareas e outros colectivos nacionalistas nas vindeiras autonómicas, ou concorrer en solitario. “As diferentes propostas que se están formulando parten do obxectivo común partillado de manter e reforzar o proxecto nacionalista autónomo que representa o BNG”, aclara.

Manter a "autonomía" do BNG

E é que o líder nacionalista insiste que, sexa cal for a fórmula de concorrencia ás eleccións –en solitario ou en coaligazón-, “en todas as propostas que están enriba da mesa colócase como requisito preservar a autonomía do proxecto estratéxico do BNG e todas teñen como obxectivo reforzar a capacidade orgánica e política do BNG”.

Xaveir Vence, líder do BNG
Xaveir Vence, líder do BNG

“Podemos discrepar en cal é a vía máis acertada para conseguir eses obxectivos, pero os obxectivos son comúns. Canto máis persoais, auténticas e guiadas polas pulsións da base social sexan as nosas aportacións máis probabilidade teremos de acertar”, indica. Por iso, anima aos militantes a participar en todo este período debate ata finais de febreiro.

Esta misiva, a diferencia das outras, asinadas polo secretario de Organización da Executiva, Bieito Lobeira, está asinada polo propio voceiro nacional do BNG, Vence. Unha decisión que,  segundo as fontes consultadas, pon enriba da mesa o difícil que está sendo o debate sobre o futuro do BNG.

Con todo, as posturas están moi encontradas porque o sector máis duro da UPG insiste en concorrer en solitario e vería como un “fracaso e unha afronta” pactar con “sectores españoleiros”, en alusión, principalmente, a Podemos, partido ao que criticaron e aínda critican duramente. Polo momento, este sector, estase impoñendo nos debates comarcais, a pesar de que hai voces máis moderadas dentro do partido de Francisco Rodríguez, que tamén se decantan por unha confluencia electoral.

Nós-Candidatura Galega, a marca coa que o Bloque se presentou ás xerais nas pasadas eleccións xerais xunto con outras formacións minoritarias acadou pouco máis de 70.000 votos, o que provocou que perdera os dous escanos que tiña no Congreso. Non conseguiu superar a barreira do 5% en ningunha das provincias. Un resultado que, de repetirse nas autonómicas, provocaría tamén a súa desaparición da Cámara galega, algo que non aconteceu nunca nos seus 34 anos de vida.

Podes ler a misiva aquí.

Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo
Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

7 Claudete Hetera

Vence é enorme! Se non en tamaño físico, si en espírito combativo e vingador! Para algo herdou a navalla de Camilo Nogueira (agora con pastas douradas, cos cartos da Sicav de Luxemburgo), que o seu estimado sogro usaba nos anos oitenta contra o BNG de Beiras, para grande goce daquela de IU e do PSOE. E agora, afiada de novo, emprega o xenrrísimo Vence do BNG contra o Beiras dos Anovados entregados a Podemos. Trinta nos despois e seguimos na lea! E as marionetas seguen as ordes do amo (Uuuuu..., que medo!), cos mesmos actores que exercen como vellos líderes da trifulca sen deixar o púlpito de protagonistas, ou colocan o xenro (logo de intentar situar a propia filla, Alba Nogueira). E vós, os aplaudidores, facedes que non sabedes nada, uns engaiolados polo semideus e o seu vello ego, as súas fobias e filias, outros chupando no óso que cae do poder minguante, como vividores e máis aduladores do chiringuito. E os galegos, a quen lle importan os paisanos?

1 Un de Sada

o das SICAV. Eres o mesmo con distintos nomes. Que obsesión!!!!

2 Eres ou es?

Si, nun comentario chamome Balbino, noutro son de Sada... E si, estamos obsesionados en tapar o sogro do Vence! Ou seremos VARIOS os que non aturamos o cheiro fedorento do BNG e queremos ventilar abrindo xanelas? Entendemos que te incomode, segue a tapar o amo que vai frio...

6 antón de guizán

Aos atrevidos no BNG, Paco Rodríguez lles corta o pescozo. En Ferrol saben moito diso

5 Matar o pai BNG

Freudiano a inmadurez e obsesión dos Marchosos por marcar diferenzas co pai BNG dende que abandonaron o niño familiar. Obsesión enfermiza que os imposibilita para crear ren propio e de personalidades no nacionalismo. Teima que os leva unha e outra vez, a ser unha parodia e a por versión do BNG. Se o BNG se deixaban co inimigos españolista PSOE, estes pasaron directamente a prostituirse e estafar para o inimgo españolista.

1 Gomesende

Certo: Entregarse a España. Ese é o gran logro do BNG, de Anova e das Mareas. Os nacionalistas españois están encantados cos Pacos, Bautistas, Jorqueras, Vences, Abalos, Beiras, Martiños e Ferreiros. Traballar para o PsoE, para IU ou para Podemos. E uns poucos a chupar do bote!

4 Pepinho

Moita xente no Bloque sabían do golpe que ían levar nas xerais,un baño por parte da Marea.Nos mitins non había xente(eu mesmo estiven nun deles,e xuntaron case 100 persoas entre 3 comarcas da montaña! cando iso anos atrás xuntabanos en calquera acto e nun so concello)escaseaban as ideas e os Lobeira,Pontón....a xente xa ve o demo neles!! O mellor da campaña foi Mini!!!Unha persoa con caracter,humilde e xeneroso coma os antigos militantes do bloque...agora solo queda borralla ahí, os votos escaparon e agora terán que ir coas orellas gachas a onda a Marea.Esperando que os acollan pois senon solo queda a disolución.

1 Mini e heidi

Si son uns oportunistas a dirección do BNG. Ao Mini mandariao ao jran sol para que fixera odas sin comodidades.

3 Gamela

Castelao, “nós temos fé no noso povo e moi logo o noso povo terá fé en nós”. UPG, "Nós non temos fé no noso povo e lóxicamente o noso povo xa non terá fé en nós". (DISOLUCIÓN)