O PSdeG destaca o aumento da bonificación das peaxes da AP-9 como "un novo avance cara á gratuidade"

O portavoz criticou que ambas formacións non apoiaron as bonificacións anteriores en 2021 nin os Orzamentos que permitían ampliar os beneficios para os usuarios da AP-9.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/10/2024 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, destacou o incremento dos fondos para bonificacións das peaxes da AP-9, que o Consello de Ministros aprobará o martes, como "un novo avance cara a gratuidade" da autoestrada. "O Partido Socialista cumpre. Dixemos que iamos camiño da gratuidade, que é o que todos e todas queremos, e cumprimos", manifestou.

Segundo explicaron os socialistas galegos nunha nota de prensa, o mecanismo que prevé habilitar o Executivo, a declaración de urxencia do procedemento, permitirá dispor de 26,7 millóns de euros adicionais para as novas bonificacións sen ter que vinculalas á aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado.

Así, Torrado lembrou que os anteriores descontos, do 2021, "saíron adiante sen o apoio de PP e BNG, que tampouco apoiaron os seguintes Orzamentos que permitían esa bonificación", de modo que, subliñou, "o Goberno garantirá así implementar os beneficios aos usuarios e usuarias independentemente da tramitación das Contas públicas do 2025".

"Hai que lembrar que hoxe pagamos a AP-9 porque Aznar fixo unha prórroga da concesión cando non debería, e esta por ver se é legal; se non, xa teriamos unha autoestrada gratuíta", expuxo Xullo Torrado para afirmar que os galegos pagan "por culpa do PP, pero págase menos grazas ao PSOE".

O portavos da Executiva do PSdeG, Xullo Torrado / PSDEG / Europa Press
O portavos da Executiva do PSdeG, Xullo Torrado / PSDEG / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Nin fixeron pública a Carta que enviaron á Comisión Europea (e van dúas cartas) sobre a ilegalidade da prórroga ! A asociación EnColectivo pediulle ao Goberno a resposta á Comsión pero nada de nada... E agora seica veñen a falar do pleistoceno... Arousán, disfrutón, ben comedoriño. Compro libros que non leerei... (nada máis que dicir) https://x.com/juliotq