A odisea de chegar ao Hospital de Vigo en cadeiras de rodas

Maika Miguens é unha persoa que se despraza en cadeira de rodas motorizada. Un vídeo filmado por ela dende o seu vehículo mostra a cruda realidade das enormes dificultades que ten para acceder ao novo hospital de Vigo, o polémico Álvaro Cunqueiro. As barreiras arquitectónicas e a falta de civismo doutros usuarios teñen a culpa.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/01/2016 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

"Obstáculos, barreiras e pouco civismo", láiase Miguens para relatar o seu periplo "en plan kamikaze" pola estrada; dado a que non pode subirse a beirarúa unha vez que se baixa do autobús urbano. No vídeo vese a persoa con discapacidade circulando "a punto que me atropelle un coche" entre automóbiles.

Logo, cando consigue alcanzar un paso de peatóns dende o que subirse a beirarúa atópase cunha desagradábel sorpresa. Unha ringleira de automóbiles mal aparcados case lle impide acceder ao centro sanitario: 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta