A Xunta sinala que as vivendas de Valdecorvos só se executan con fondos do Goberno galego e de Europa

Así o precisou a Xunta despois de que o secretario de Economía e Emprego do PSdeG-PSOE, Abel Losada, reivindicase este luns como procedente do Goberno central esta achega

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2024 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

A Consellería de Vivenda replicou este luns que a Xunta "é quen licita as obras" de vivenda en Valdecorvos, con "fondos propios" e que recibe "unicamente algo máis de tres millóns de euros procedentes de fondos europeos".

Así o precisou a Xunta despois de que o secretario de Economía e Emprego do PSdeG-PSOE, Abel Losada, reivindicase este luns como procedente do Goberno central esta achega.

"A Xunta ten en execución obra de vivenda pública en Valdecorvos por valor de 14,2 millóns de euros, e o Goberno non achega nin un só euro", asegura Vivenda, que critica fálese da achega estatal para referirse "a fondos europeos".

A maiores, Vivenda licitou o contrato para a redacción dos proxectos construtivos doutras 104 vivendas en Valdecorvos, por un importe de case 600.000 euros. Para concluír, a Xunta lembrou que Galicia xa esgotou o 100% dos fondos do programa seis de construción de vivenda publica, polo que solicitou "máis fondos europeos a través do ministerio".

O responsable de Economía e Emprego da Executiva do PSdeG, Abel Losada.. PSDEG
O responsable de Economía e Emprego da Executiva do PSdeG, Abel Losada.. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta