Temas: ENCE PONTEVEDRA

Unha multitudinaria manifestación pide que Ence marche da ría

Máis de 10.000 persoas denuncian a "agresión" do Goberno de Rajoy á Pontevedra. Destacados dirixentes do PSdeG, En Marea e o BNG participaron na marcha e critican os "intereses económicos" que hai detrás da decisión do executivo en funcións.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 29/01/2016 | Actualizada ás 23:13

Comparte esta noticia

Pontevedra non quere a Ence na súa ría. Así o deixaron claro as máis de 10.000 persoas que participaron na manifestación convocada pola plataforma ENCE Fóra! nesta cidade para esixir que a pasteira marche da ría "para sempre" e que o Goberno revogue a prórroga que lle acaba de conceder para que poida continuar coa súa actividade en Lourizán durante 60 anos máis.

Miles de persoas piden que Ence marche da ría de Pontevedra
Miles de persoas piden que Ence marche da ría de Pontevedra | Fonte: teinteresa.com

De feito, foi tan concurrida a protesta que os últimos manifestantes tiveron que agardar máis de media hora para comezar a andar. Ao final, leuse un comunicado no que se cualifica a medida do goberno en funcións coma un exemplo de "corruptelas e inmundicias" e de "escura, opaca e sen luz nin taquígrafos"porque oculta "enormes cantidades de capital repartido entre xente envilecida polo diñeiro".

"Os pontevedreses están cheos de indignación e rabia por ver como o Goberno permite a Ence seguir expoliando os recursos deste país dunha forma miserable, dedicando a ría de Pontevedra a producir para uns poucos e impedindo o seu despegamento como referente marisqueiro, pesqueiro e turístico", recollía este manifesto.

Por iso, os membros desta plataforma aseguraron que non van parar até recuperar a ría de Pontevedra porque teñen "forzas dabondo" para seguir coa súa loita "contra os delincuentes ecolóxicos, contra a soberbia do poder e contra a intervención das grandes empresas na política". "Seremos capaces de reverter esta vil maneira de facer política, afastada da luz e lonxe da intelixencia, sinónimo de vileza e covardía", concluíron.

Durante a acción de protesta, que partiu da praza da Ferrería e percorreu as rúas máis céntricas da cidade, os asistentes lamentaron esta "agresión" aos intereses de Pontevedra.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou o "gran éxito" desta mobilización social, que considerou "vital" para gañar esta "batalla" contra Ence. Unhas críticas que compartiu o aínda voceiro nacional do BNG, Xabier Vence.

Na manifestación tamén houbo unha notable presenza de cargos e militantes do PSdeG-PSOE, entre eles a deputada autonómica Patricia Vilán, o deputado no Congreso, Guillermo Meijón, ou o portavoz municipal en Pontevedra, Agustín Fernández.

Tamén participou a deputada de En Marea no Congreso Ángela Rodríguez, que criticou que o PP estea "defendendo ás elites financeiras e que non dialoga coa maioría social".

Temas: ENCE PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 Nordés

Non estiven porque vivo lonxe, pero se na foto se recolle toda ou a maioría da xente que participou, sinceiramente paréceme pouca. Unha mágoa, porque o motivo debería debería concitar máis apoio. No próxima non falto.

4 2000

2000

3 Contador

Non manipuledes. Dez mil non é nin a décima parte da cidade. Na manifa había máis de 200.000 persoas. Non faltou ninguén, agás 50 do PP.

2 Ana

Duas preguntas: ¿Pode un goberno en funcions tomar decisions que non son de urxencia para o pais e contra a vontade dun pobo?. ¿Estaba no programa electoral do PP a decision que finalmente se tomou?. Por ultimo decir que somos moitos os galegos e galegas que estamos con Pontevedra e alegramonos da unidade dos pontevedreses ante esta inxustiza. Para min Pontevedra é un exemplo de dignidade para toda Galicia.

1 sesese

A os que lle gustou a maní, seguramente, foi a os obreiros da fábrica.

1 xandreouteiro

aos 90, dis?

2 anonimo

Parece ser que a quen non lle gustou foi a tí. Tí, que estás de acordo con que os membros dun consello de administración no que non hai un só membro galego e que se aproveitan das grandes ventaxas das portas xiratorias condenen á ría de Pontevedra non xa só por 60 anos, senón que seguramente por séculos, polo que levará despois recuperala, pero todo sexa polo liberalismo económico e o enriquecemento de catro mangantes que nin coñecemos nin deixan ningunha riqueza no país.

3 sesese

Eu falo da clase obreira , dos meus