O Encontro fará “todo o posíbel” por confluír co proceso das mareas municipalistas

“Dispersión de esforzos” e “pouco éxito na fórmula de elección dos candidatos” para En Marea. Estas son algunhas das pedras no camiño para unha lista única que identifica o Encontro Cidadán por unha Marea Galega. O seu obxectivo último: un espazo de militancia individual.

Por M.V. | Vigo | 06/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As forzas que colaboran en En Marea están a traballar nun regulamento de participación nesta coalición. Así o asegura o Encontro Cidadán por unha Marea Galega, a plataforma cidadá que foi un dos axentes impulsores da coalición que logrou seis deputados no Congreso, e que agora traballa na súa reedición para as eleccións galegas deste ano.

Reunión do Encontro por unha Marea Galega en Coia, Vigo
Reunión do Encontro por unha Marea Galega en Coia, Vigo | Fonte: mareal.gal

O Encontro, no seu último informe, recoñece que tivo “pouco éxito na fórmula de elección dos candidatos”. Esta plataforma defendeu que os elixíbeis se escollesen mediante primarias abertas con posibilidade de presentarse a título individual, sen avais ou con avais mínimos. 

Os partidos que conformaron a coalición (Anova, EU e Podemos) non aceptaron e repartíronse entre eles os primeiros postos das listas, salvo en Ourense, onde o deputado logrado foi unha gran sorpresa.  Para evitar as tensións internas que isto provocou na coalición, En Marea, segundo o Encontro, publicará un regulamento que agora “en fase de borrador pero espérase que sexa adoptado polas distintas formacións”. 

De cara a posíbel repetición dunha lista común para as eleccións autonómicas hai xa dous polos de traballo. Por unha banda, o citado Encontro -que mantixo a súa última xuntanza o pasado sábado en Vigo- e, por outra, as reunións que as mareas municipalistas -outro dos axentes que non lograron protagonismo en En Marea- están a organizar pola súa banda. Polo de agora levan dúas reunión municipalistas, a primeira na Estrada e a última a fin de semana pasada na Pobra. 

Ante a coincidencia de datas e obxectivos, no informe do Encontro déixase constancia dalgúns problemas de coordinación das axendas coas mareas ao sinalar que “unha das cousas que máis preocupaba aos presentes era a falta de unión coa fórmula practicada pola Marea Atlántica”. Malia temer a “dispersión de esforzos” o Encontro promete “facer de xeito colectivo todo o posible por achegarse ao proceso da Estrada”.

Reunión do Encontro por unha Marea Galega en Coia, Vigo
Reunión do Encontro por unha Marea Galega en Coia, Vigo | Fonte: mareal.gal

O obxectivo último de todos este movementos debe ser, en opinión do Encontro, artellar “un espazo de adscrición individual”. É dicir, unha organización na que os activistas colaboren en nome propio e non en representación de partidos ou candidaturas locais. Trátase dunha postura rupturista, pois implicaría o artellamento da candidatura para as galegas de xeito totalmente diferente ao do que xurdiu En Marea. Está por ver como reciben este chamamento á militancia indivudal  as forzas políticas e as mareas xa organizadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 Próculo

En Marea debe ser un espazo cidadán de adscrición individual, aberto e participado. Non pode ser un tinglado cobertura dun tri-partito coaligado nin un lobby exclusivo de mareas municipalistas con reserva do dereito de admisión. Ben por Encontro!

1 Encontro= lobby poltronista.

Lobby, segundo a RAE: ‘grupo de personas influyentes, organizado para presionar en favor de determinados intereses’ Desde logo o parece un lobby é o "encontro" ese. Entre 4 e unha ducia de persoas (que sodes as que o conformades) que pretendedes, sen ter detrás absolutamente nada máis que as vosas caras bonitas e que forades escollidas (por quén??) para falar en nome das mareas (?) no pasado. Agora pretendedes sobrevivir coa excusa esa de que "como non somos un partido, nen unha marea municipalista, nen un colectivo nen nada, "somos unha unión de persoas que se adscriben a título individual". Claro, como non representades a ninguén... Creo que, como broma, xa está ben. Cando queirades hai mooooooita marea na que podedes traballar. Seredes benvidos/as!

2 Mareas??

Segundo a tua simplificación Mareas=confluencias de partidos. Se queres chamarlle un termo tan capitalista como lobby paréceme ben. Grupo de presión a prol da participación e da redicalidade democrática eso é o Encontro. Por certo, que nesa loita tivo enfrente os partidos e incluso algunha marea agora adalid do novo proceso....Un proceso para poñer o frote a cidadanía sen a participación da cidadanía é unha incongruencia que terá que ser explicada. Por certo que no teu afán desacreditador non dis que poltronas ocupa o Encontro.