Como interpretar un petróglifo

O Parque arqueolóxico de Campo Lameiro organiza un curso para aprender da rexistrar e entender as complicadas inscricións de moitas das estacións arqueolóxicas de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Campolameiro | 15/02/2016 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Como é un petróglifo?, que tenta representar? ou como se pode interpretar?. Son cuestións que moitos dos que teñen visitado algunha estación destas inscricións na pedra se teñen feito a miúdo. Para tentar darlle explicacións a estas dúbidas, e a outras, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro organiza o I curso de Técnicas de rexistro e interpretación da Arte Rupestre.

Petróglifos de Os Mouchos /http://patrimoniogalego.net/
Petróglifos de Os Mouchos /http://patrimoniogalego.net/

Este curso, no que se combinan a formación teórica e práctica, está dirixido por destacados investigadores que están a desenvolver na actualidade diferentes iniciativas sobre os petróglifos de Galicia, entre eles, Ramón Fábregas ou Carlos Rodríguez Rellán, da USC. Está destinado aos profesionais e estudantes dos distintos ámbitos do Patrimonio Cultural, así como aos diversos amantes e interesados no patrimonio rupestre galego.

Ten unha duración de 17 horas lectivas, que pretende proporcionar unha visión teórica e práctica sobre a evolución a evolución dos sistemas de documentación dos petróglifos ao longo do tempo, desde os máis tradicionais ata os máis actuais (tecnoloxìas 3D a través da fotogrametría e escaneado láser).

A formación inclúe unha panorámica sobre algúns dos temas de discusión na actualidade. Ó final do curso expedirase un diploma acreditativo da participación no mesmo recoñecendo o número total de horas cursadas. Os interesados poden remitir un correo electrónico a formacion@paar.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manoliño

Cousa de frikis