Todos a favor de potenciar as árbores autóctonas, agás o PP

Unha campaña de ADEGA pide a prohibición do cultivo do Eucalyptus nitens e a creación dun Catálogo Galego de Especies Alóctonas Invasoras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2016 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Todos os partidos con representación no Parlamento galego apoian unha iniciativa posta en marcha por ADEGA para defender e potenciar as árbores autóctonas, especialmente, o carballo galego, e erradicar especies invasoras, como o eucalipto. Unha proposta rexeitada polo PPdeG.

Carballos centenarios talados nunha parroquia de Xinzo da Limia
Carballos centenarios talados nunha parroquia de Xinzo da Limia

O pasado mércores, Fins Eirexas (ADEGA) e Roberto Hermida (AGCT), representando aos colectivos conservacionistas integrados na campaña “STOP EUCALIPTO... AVANTE CARBALLO!” reuníronse con representantes de todos os grupos políticos presentes no Parlamento galego, agás o PP, para presentarlles os cinco puntos que recolle o manifesto da campaña e cos que se pretende poñer freo á expansión incontrolada do eucalipto en Galicia.

Estes cinco puntos inclúen peticións como que se cumplan as limitacións que impoñen as diferentes normativas existentes á plantación de eucaliptos, a prohibición do cultivo do Eucalyptus nitens –mediante a creación dun Catálogo Galego de Especies Alóctonas Invasoras no que se inclúa esta especie- ou o fomento do cultivo de especies autóctonas e do aproveitamento multifuncional do monte.

Tras esta xuntanza, os representantes de AGE, BNG, PSdG-PSOE e Grupo Mixto amosaron a súa concordancia cos puntos recollidos no manifesto da campaña e comprometéronse a desenvolver iniciativas parlamentares que permitan por freo á expansión incontrolada do eucalipto en Galicia.

Plantación de eucalipto
Plantación de eucalipto | Fonte: greenpeace.org
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ghazafelho

Eu quero que sigan plantando eucaliptos