Aymerich abandona o BNG tras gañaren as teses da UPG

O voceiro nacional Xavier Vence despídese cun claro discurso a prol das alianzas electorais e contrario a manter siglas de partidos dentro do Bloque. Os críticos suman esforzos antes das votacións na XV Asemblea do BNG pero saen derrotados.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/02/2016 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

Actualización das 15 horas

Vence na Asemblea do BNG
Vence na Asemblea do BNG | Fonte: Ana Miranda

O documento político que acaba de aprobar a maioría da militancia aposta por a "conformación dunha amplia candidatura nacionalista nas próximas autonómicas" pero non prevé compartir cartel con forzas de ámbito estatal, o que na práctica afasta ao Bloque da fórmula das mareas. Tampouco recolle que no Bloque a militancia sexa individual e non a través doutros partidos, como pedían entre outros o actual líder Xavier Vence.

Como se agardaba, a derrota dos críticos foi total. As catro emendas a totalidade presentadas e os votos particulares enunciados por eles foron rexeitados. Finalmente non se puido defender unha única emenda común do sector non oficialista, que pactaran entre eles hoxe. 

A militancia aprobou o informe de xestión con 1095 a favor 84 en contra e 235 abstencións. Unha confirmación da liña seguida até hoxe que apunta a que a candidata oficialista, Ana Pontón, será elixida este serán nova voceira nacional. Tamén unha indicación de que os críticos coa liña do UPG e o MGS son hoxe unha pequena maioría no Bloque. Agora tócalles escoller entre o camiño de Aymerich, que confimou o seu abandono, ou o de Carme Adán ou Tareixa Paz, que tamén defenderon un cambio de rumbo pero que indicaron que continuarán no Bloque.

Actualización das 14 horas

“Temos que facer alianzas. A cidadanía que quere mudanza entendeu que a fragmentación era unha trampa mortal e decidiu voto útil para tentar gañar a partida. Temos que escoitala!!” Así de clara foi a defensa que Xavier Vence fixo dun posíbel pacto coas forzas que colaboran en En Marea.

Vence na Asemblea do BNG
Vence na Asemblea do BNG

O voceiro nacional saínte do Bloque pronunciou un discurso que se distancia das teses impulsadas pola UPG, o partido máis numeroso na fronte, e aprobadas pola maioría militancia nas asembleas comarcais.

Ademais de abrir a porta a negociar con ANOVA, Podemos, as mareas e Esquerda Unida; Vence defendeu que o BNG abandone o modelo frontista. O profesor da USC animou a máis de 1.500 persoas que enchen o Palexco de Coruña a “retecer” o Bloque nunha “única sigla, cunha única lealdade e unha única dirección”.  Proposta que na práctica suporía disolver a partidos de ideoloxía comunista como a UPG ou o seu aliado Movemento Galego ao Socialismo e que, salvo gran sorpresa, non sairá adiante.

Vence non se sumou ao texto pactado entre os diferentes sectores críticos, pero coincide en varios dos seus  postulados.  As deputadas Carme Adán e Tareixa Paz, a profesora Alba Nogueira e Abrente (a corrente máis próxima a socialdemocracia cuxo primeiro referente público é Carlos Aymerich) pactaron a última hora un texto común para sometelo a asemblea. Ademais de adscrición individual, queren buscar “a unificación con outras forzas que operan no mesmo espazo político" e que unha xestora comece xa a negociar con outros partidos e colectivos un marco común para “construír unha nova organización política unitaria e democrática para o nacionalismo".

Unha profunda “refundación” que vai máis alá do planeado pola UPG co apoio do MGS. As teses oficiais defenden actualizar o discurso e a organización, pero non contemplan pór fin aos partidos que participan no Bloque e moito menos abrirse a pactos con forzas de ámbito estatal. “Diluírmonos en espazos que dirixe e capitaliza quen quer salvar España non é futuro nin vitoria”, argumentou un dos representantes do MGS. Dende a UPG, Rubén Cela argumentou que "o centralismo é centralismo non importa o envoltorio" e que non se pode ser “soberanista a tempo parcial”. 

Cunha hora, aproximadamente, de atraso sobre o horario previsto está a piques de rematar a defensa pública das emendas a totalidade. Posteriormente serán as votacións, primeiro a totalidade e logo a das emendas parciais.

Cara as 20 horas pronunciará o seu discurso o gañador das votacións á nova Executiva. Salvo cambio maiúsucla de última hora, Ana Pontón -militante da UPG- pronunciará o seu discurso como nova voceira nacional do BNG, a primeira muller que ocupa este cargo. A súa lista integra a militantes do seu partido e do MGS, pero non dos sectores críticos. 

Cheo completo na XV Asemblea Nacional do BNG no Palexco da Coruña
Cheo completo na XV Asemblea Nacional do BNG no Palexco da Coruña | Fonte: BNG Fene
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

10 antón de guizán

Agora co respaldo de Yoli Procesiones, a colocarse en En Marea e a ser deputado, e a poder se Conselleiro, nas próximas autonómicas

1 ergo

Pensa Antón que todos son da súa condición

2 Chindasvinto

Quen falou!

9 cabalo de troia queimado

outro -vieiras outro traidor, outro golfo, e que non respeitan os militantes o que se votou, se votou e se dixo claro non a expaña... non a miseria de podreiros-vieristas o chamado ladroecio de expañol, onde vas ir faimerrich a casa -vieiras o e que non sabes o que foi de palleiro & rico o que non sabes das purgas do ogrenstein do vello -vieiras GALIZA GAÑOU O POBO VENCEU OS VENDEPATRIAS!!!! ABAIXO FAIMERRICH!!!! ABAIXO -VIEIRAS!!!

1 Tas fatal...

Toleaches pola peneira, toleaches por peneirar...

8 nostrus

Para que logo digan que o bloque non é racista...¿por que lle dan tanto noxo os partidos que abarcan mais que Galicia?. Eu non llo reprocho porque me gusta que camiñen polo camiño do suicidio.

7 Gamela

REGALO para Ana Pontón / A ver se unha muller é quén de DISOLVER a UPG / http://www.galiciaconfidencial.com/...

6 Lúcido Preclaro

upg!! upg!! upg!! adiante xa, coa upg!!